Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - O sector turístico das Rías Baixas busca ampliar fronteiras - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

O sector turístico das Rías Baixas busca ampliar fronteiras

A xornada do Clúster e a Deputación de Pontevedra desvela claves para a internacionalización: un turismo emocional, máis idiomas e uso das TIC

21/12/2018
El reto de la internacionalización para el sector turístico

A xornada de “O Reto da Internacionalización para o Sector Turístico”, celebrada o mércores 19 de decembro, e organizada pola Deputación de Pontevedra e o Clúster de Turismo de Galicia, reuniu a un centenar de axentes turísticos. O encontro permitiu ás e aos asistentes coñecer en profundidade os cambios que está a experimentar na actualidade a internacionalización e a xestión nos diferentes destinos turísticos ou os retos que supón a introdución das novas tecnoloxías neste ámbito da man de persoas profesionais tanto de institucións públicas como privadas.

Na inauguración do evento, a cargo da presidenta provincial Carmela Silva, e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, este último agradeceulle á presidenta a colaboración entre as dúas institucións destacando o frutífero workshop celebrado recentemente en Barcelona, ao que acudiron trinta empresas da provincia de Pontevedra. "O que sucedeu en Barcelona foi un éxito rotundo e se eu estaba xa convencida de que traballar co sector privado era imprescindible, en Barcelona vin en primeira persoa que se traballamos conxuntamente o éxito está garantido" engadiu Carmela Silva.

Silva resaltou a importancia de traballar en conxunto, das colaboracións entre o sector público e privado, e propuxo ao Clúster de Turismo de Galicia organizar unha reunión coas catro deputacións galegas e a Administración autonómica en xaneiro para sumar sinerxias e impulsar estratexias de promoción turística conxuntas.

Finalmente, a presidenta provincial destacou no seu discurso a potencialidade do destino turístico da provincia de Pontevedra: "Cando veñen ás Rías Baixas as e os turistas sorpréndense por todos os atractivos que se atopan. Temos unha costa espectacular, un interior máxico, xacementos arqueolóxicos, unha gastronomía e uns viños únicos, e unha cultura marabillosa”.

Galicia, o primeiro destino español ao que viaxan as e os portugueses

A conselleira de Turismo en Lisboa, Natalia Briales, foi a encargada de inaugurar os simposios cun relatorio sobre a internacionalización turística do mercado luso, que comezou cunha introdución sobre a súa evolución en cifras. Segundo os datos de Briales, Galicia sitúase como o primeiro destino en España que visitan as e os portugueses, seguido doutras comunidades como Andalucía, Madrid ou Castela e León. Máis dun 35 % de turistas de

Portugal e o turismo de emocións

El reto de la internacionalización para el sector turístico

En canto ás procuras realizadas polas e polos portugueses durante este ano 2018 na web de Turismo de España, para a que se analizaron máis de 260.000 consultas, a Festa do Marisco do Grove aparece no Top 5 ocupando o cuarto lugar. Sanxenxo, o Corpus Christi de Ponteareas , o castro de Santa Trega na Guarda, a Romaría Viquinga de Catoira, Pontevedra, Cambados ou Tui, son ademais outros dos atractivos turísticos das Rías Baixas máis buscados. Finalmente Briales destacou certas similitudes deste destino co norte de Portugal como na natureza ou o termalismo.

A continuación, o conselleiro de Turismo en Berlín, Arturo Ortiz falou da internacionalización turística no mercado alemán, que a pesar de que na súa maioría seguen buscando o sol e a costa do Mediterráneo, existe un perfil de turista cosmopolita que busca unha experiencia máis emocional, e que é exactamente o que ofrece o destino Rías Baixas.

Estratexias de internacionalización

En primeiro lugar, tivo a palabra o director Xeral de NEXT International Business School, José Lominchar, que iniciou o seu discurso falando da incidencia das novas tecnoloxías na actualidade. Ademais, achegou ás e aos asistentes as claves para a internacionalización a través dun decálogo baseado nalgúns aspectos de grande importancia como o descoñecemento, o capital humano, a planificación, as e os socios locais, a capacidade de adaptarse ou o uso das tecnoloxías que están ao noso alcance.

O CEO de Pilgrim Travel & Services e responsable de Márketing Dixital & Turismo de Ipglobal Tech Hub, Roberto Fraga, achegou ás asistentes e os asistentes varios casos de éxito a través de varios proxectos seus, como é o caso de Suite App, un proxecto que dixitaliza e mellora a experiencia da persoa usuaria en grandes cadeas de hoteis a nivel internacional.

Roberto Fraga falou ademais dun dos seus proxectos máis especiais, Pilgrim que, grazas ás novas tecnoloxías, achega información detallada e mellora a experiencia da ou o peregrino que realiza o Camiño de Santiago. O Camiño Portugués tradicional e da costa, o Camiño de Inverno, a Vía da Prata, a Ruta do Pai Sarmiento e a Ruta do Mar de Arousa e do río Ulla son os itinerarios xacobeos que atravesan a provincia de Pontevedra.

Ambos os relatores trasladaron ás e aos participantes os diferentes factores que deben ter en conta á hora de crear estratexias de internacionalización, como desenvolver unha xestión adecuada dos recursos, e recomendan aproveitar ao máximo as potencialidades que as novas tecnoloxías ofrecen.

Retos e oportunidades

El reto de la internacionalización para el sector turístico

Para finalizar a xornada, as e os relatores, baixo o mando do Director de Innovación e turismo intelixente de Globaldit, Enrique Lancis, que moderou a mesa de debate, abordaron diversas cuestións sobre os retos e oportunidades da Internacionalización do Sector Turístico .

Todos eles coincidiron en que, antes de iniciar un proceso de internacionalización, é importante exporse o motivo e as posibilidades de afrontar o reto. É necesario ademais contar coas novas tecnoloxías ao alcance, cuestionarse se os medios son os adecuados e se ese servizo ou produto está suficientemente consolidado no mercado orixinal.

Tamén é de vital importancia, subliñaron, a capacidade de adaptación ao novo mercado, polo que é necesario coñecelo a fondo. Aquí as e os expertos coincidiron en que é necesario superar a barreira idiomática, xa que o coñecemento doutras linguas a maiores do galego e o castelán é un elemento imprescindible no sector turístico para comunicarse e mellorar a experiencia das e os usuarios.

O mercado español, e o galego, son mercados aos que lles custa expandirse a outros, segundo as conclusións da mesa. As e os profesionais indicaron que era necesario cambiar o paradigma da formación desde as escolas e promover unha cultura máis aberta ao fracaso e a confiar en si mesma, principalmente.

Outro dos puntos que tiveron en conta durante o debate foi o de xestionar o talento, e coincidiron en que é necesario atopar un equilibrio entre formar talento e traelo de fóra . Este coloquio puxo o broche de ouro á xornada e permitiu resolver dúbidas, ademais de promover sinerxias entre os diferentes axentes turísticos.

Etiquetas: portada, pontevedra, turismo, clúster de turismo, internacionalización, jornada, profesional
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124