Fin de rodaxe por todo o alto da serie O final do Camiño en Turismo Rías Baixas
A sede acolleu o acto de promoción da produción de TVE e TVG, na que colabora a Deputación e que foi rodada en varios concellos da provincia
O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolleu onte o acto final da rodaxe da serie O final do Camiño, unha produción televisiva que Televisión Española e Televisión de Galicia emitirán en horario de máxima audiencia o próximo 2017. A Deputación de Pontevedra colaborou neste proxecto audiovisual dentro das novas estratexias turísticas do Goberno provincial porque nesta serie, de oito capítulos duns 70 minutos de duración cada un, a provincia é o escenario protagonista, xa que se rodou principalmente en localizacións de concellos coma Silleda, Lalín, A Estrada, Forcarei ou Vila de Cruces. De feito, ao acto asistiron o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro.
O evento serviu para celebrar a fin da rodaxe co equipo de produción, técnico e artístico desta. Tamén se proxectou unha peza audiovisual na que se mostraron os enclaves das Rías Baixas nos que se gravou a serie, tanto imaxes dos propios espazos coma do proceso da gravación, así coma o avance, e houbo ademais música en directo a través da actuación en formato acústico do grupo de electrónica pop Antifrágil.
Na súa intervención a presidenta, Carmela Silva, sinalou que a presentación desta serie "é un final extraordinario para un ano turístico excelente en Rías Baixas" e que a colaboración da Deputación con O final do Camiño é só a primeira das actuacións para 2017 que busca abrir novas vías, máis modernas e vangardistas para destacar as potencialidades da provincia. A presidenta resaltou que centos de miles de persoas van ver esta serie coas súas localizacións na provincia de Pontevedra "e iso ten unha enorme capacidade de atracción turística. De feito, os países con máis tradición turística de calidade e nivel o que fixeron foi traballar para que os seus territorios fosen escenarios de series e documentais". Así mesmo, Silva destacou a achega cultural da serie, centrada no Camiño de Santiago. "Fala de nós, do que somos, da nosa cultura. Dar a coñecer todo o armazón de algo que tanto nos identifica é fundamental". A presidenta provincial tamén lembrou que este tipo de iniciativas ten un elemento de valor engadido. "É a autosatisfacción. Os galegos tiñamos unha eiva, agora cada vez menos, que era non sentirnos orgullosos do noso. Temos unha longa, extraordinaria e potentísima historia que fixo que Santiago fose un territorio dunha enorme puxanza tanto a nivel relixioso coma económico e sociolóxico".
Non acto tamén interviñeron os produtores e directores da serie, ademais da actriz Fina Calleja e o actor Antonio Durán Morris, que falaron en nome de todo o elenco artístico que se desprazou a Pontevedra.
O final do Camiño (El final del Camino na súa emisión na televisión pública estatal) está dirixida a un público familiar e foi producida pola firma Voz Audiovisual. Baixo o patrocinio de Turismo Rías Baixas, a emisión desta serie contémplase por parte da Deputación de Pontevedra como un escaparate turístico da provincia, xa que nesta produción se poderán ver paisaxes de Silleda, Lalín, Xestoso, Forcarei, a canteira de Rosende e a de Vila de Cruces, os mosteiros de Carboeiro e Aciveiro, a praia fluvial de Siro, o pazo de Outeiro en Vilatuxe, a fervenza de Escuadro, Vila de Cruces, Campomarzo, Ansemil, a carballeira de Barcia e o castro da Estrada, entre outros.
Ademais, empregáronse as instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, onde se recreou a Compostela medieval e as obras de construción da catedral cun set de gravación de 2.500 metros cadrados. Na serie participan actrices e actores coma Antonio Durán "Morris", Fina Calleja, Tito Asorey, Deborah Vukusik, Xavier Deive, Fernando Morán, Carlos Villarino, Manuel Regueiro (que estiveron todas elas e eles presentes no acto), Antonio Velázquez, Javier Rey, Maxi Iglesias, Begoña Maestre, Guillermo Barrientos, Cristina Castaño, Asier Etxeandia, Ismael Martínez, Juan Fernández, Joan Massotkleiner, Manuel de Blas, Jaime Olías, Patricia Peñalver ou Paco Manzanedo.
A serie xa comezou coa súa campaña de promoción, que se pode ver en televisión, e tamén se presentou en festivais coma os de Cannes ou Miami. Con doses de loitas de poder, intrigas, historias de amor e desamor, asaltos e batallas, o comezo da historia sitúase en 1065 –dez anos antes do inicio das obras da nova catedral compostelá– e vertébrase arredor do Camiño de Santiago.
A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, patrocina esta produción ao considerar que os patrocinios de series de éxito, películas, producións audiovisuais e, en definitiva, da industria cinematográfica, son actualmente ferramentas fundamentais para achegarlles escenarios ás espectadoras e espectadores televisivos e convidalas e convidalos a coñecelos. Esta é unha estratexia empregada habitualmente por diversos destinos turísticos, especialmente aqueles con maior proxección, que acada excelentes resultados a longo prazo.

Etiquetas: portada