Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Galaicos máis de mil anos de historia da provincia de Pontevedra no Museo Arqueolóxico Nacional - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

“Galaicos”: máis de mil anos de historia da provincia de Pontevedra no Museo Arqueolóxico Nacional

A ambiciosa exposición que recalará en Madrid, Valencia e Pontevedra mostra as relacións comerciais dos antigos habitantes das Rías Baixas co Mediterráneo

10/10/2018
Presentación Galaicos

“Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é o nome da ambiciosa exposición organizada pola Deputación de Pontevedra que mostrará no Museo Arqueolóxico Nacional, a partir do 31 de outubro e ata principios de febreiro, máis de mil anos da historia desta provincia, en concreto o período que abarca desde finais da Idade do Bronce ata o século VI da nosa era.

A exposición foi presentada esta mañá no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, institución que achega a metade das pezas que a compoñerán. “Galaicos” conta ao mundo que somos moito máis que as e os habitantes do noroeste peninsular. Rompe os tópicos de que este era un territorio illado, e mostra as relacións comerciais e humanas co Mediterráneo ”, explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen se mostrou convencida de que a exposición poñerá á provincia “no mapa internacional do turismo arqueolóxico”. Tras a súa estrea en Madrid a mostra recalará en Valencia, e posteriormente pechará o ciclo no Museo de Pontevedra.

“Galaicos” une paisaxe e patrimonio, e pon en valor a cultura galaica a través dunha selección de máis de 60 obxectos arqueolóxicos, fotografías e ilustracións de gran calidade que se verá complementada e ampliada coa publicación coeditada pola Editora Alvarellos e a Deputación de Pontevedra da guía que leva o nome da exposición. Así mesmo, a mostra contará cunha web específica con toda a información sobre o contido. Na presentación púxose en marcha a conta atrás para a inauguración no Museo Arqueolóxico Nacional, acto ao que acudirá o ministro de Cultura, José Guirao.

Os comisarios de “Galaicos”, Antoni Nicolau, experto en patrimonio cultural, e Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación, destacaron a importancia da colección reunida. “Trátase dunha exposición que explica a relación dun pobo entre dous mundos”, explicou Nicolau. “Cando os romanos chegan aquí atópanse unha sociedade complexa e estruturada que en parte fará fronte a ese invasor”, proseguiu.

Exposición Galaicos

A exposición está organizada por Turismo Rías Baixas e concibida como itinerante. Dez entidades prestaron pezas, cinco delas radicadas na provincia: o Museo de Pontevedra, o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), Museo Quiñones de León de Vigo, Museo do Mar de Galicia, e Museo Massó. A estas engádense entidades do resto de Galicia como o Museo Provincial de Lugo, o Museo das Peregrinacións de Santiago, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón e o Museo Arqueolóxico de Asturias.

Mundo atlántico e mediterráneo

A mostra inclúe sete proxeccións audiovisuais asociadas a sete obxectos procedentes do mundo atlántico e mediterráneo que aparecen en xacementos galaicos: Depósito de Samieira (Poio), espada Sa Idda de Catoira, Askós de Alobre (Vilagarcía de Arousa), caldeiro do monte do Castro ( Ribadumia), ánfora de Bueu, fíbula zoomorfa do monte do Castro e ungüentario oriental de Vigo.

A mostra arrinca na Idade do Bronce final (1500-800 a. de C.) e finaliza no século VI da nosa era, na época da provincia romana de Gallaecia. Cada un deses ámbitos dispón dun texto introdutorio, acompañado de varios obxectos representativos de cada período, entre os que destacan o casco de Leiro, o ronsel de guerreiro de Castrelo do Val, a ola da Cabeciña, un puñal da Lanzada, diadema de Elviña, brazalete de Meis, Tessera hospitalis do Caurel, dolabra das minas de Carlés, ara do monte do Facho, e broche de cinto de Moraime.

“Con esta exposición imos contarlle á sociedade como nosa posición estratéxica de entrada e saída de mercadorías, persoas, linguas e culturas configurounos nunha sociedade aberta e creativa”, proclamou Carmela Silva.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124