Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Forza da auga das Rías Baixas: seis rutas de muíños que che cativarán - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Forza da auga das Rías Baixas: seis rutas de muíños que che cativarán

Folón e Picón, Serén ou Abalo son algunhas das paradas que vos recomendamos para descubrir os “muíños” da provincia de Pontevedra

24/09/2018

Por toda a xeografía da provincia de Pontevedra existen unha gran cantidade de muíños, principalmente de auga, localizados en fermosos lugares naturais nas ribeiras dalgúns ríos. Estas construcións son todo un emblema da cultura popular galega xa que tiveron vital importancia para o desenvolvemento da agricultura de subsistencia do campo. A súa función era principalmente a de moer algúns cereais como o millo, o trigo ou o centeo.

E como “andando gaña o muíño que parado está perdido”, convidámosvos a descubrir algúns dos máis significativos do Destino Rías Baixas.

Folón O Rosal

Muíños de Folón e Picón (O Rosal)

Los Muíños de Picón e Folón , declarados como Ben de Interese Cultural (BIC) atópanse no municipio do Rosal. Neste magnífico paseo de altura, as e os camiñantes gozarán dunha preciosa panorámica do monte de Santa Trega e do Río Miño. A ruta divídese en dous tramos, un polos muíños de Picón con 24 muíños, e outro por os de Folón con 36. Ambos reciben o nome dos ríos dos que tomaban a enerxía para moer.

Este conxunto de 60 muíños hidráulicos datan do século XVII e XVIII, e a maioría ten unha estrutura de dúas plantas. Na inferior atópase a maquinaria que impulsaba a forza da auga, e na superior, a pedra onde se moía o gran.

Ruta da Pedra e da Auga (Ribadumia e Meis)

A Ruta da Pedra e da Auga discorre polas parroquias de Barrantes (Ribadumia), San Martiño e Armenteira, ambas as no municipio de Meis. Neste percorrido de6,5 quilómetros pola ribeira dorío Armenteira, atópanse os muíños de Serén, orixinarios do ano 1700. Este conxunto utilizábase para moer diferentes tipos de cereais. Na actualidade é un lugar de gran beleza paisaxística onde poder descubrir unha parte da cultura tradicional da provincia de Pontevedra. No transcurso deste itinerario atópase unha recreación dunha “Aldea Labrega” obra da escola de cantería da Deputación de Pontevedra que reflicte algúns elementos da cultura etnográfica galega como os cruceiros ou os hórreos.

Molinos de viento en Catoira

Muíños de Río e Muíños de Vento de Abalo, en Catoira

O municipio de Catoira dispón de máis de 45 muíños de auga situados en verdes bosques de gran beleza paisaxística co río Freixeiro e o Catoira como testemuñas. Os muíños de Varela, Nazario, o Muíño da Ponche ou o de Santabaia foron restaurados e mesmo algúns se utilizan na actualidade.

Con todo, a maior singularidade destes muíños atopámola nos muíños de vento de Abalo , unha modalidade moi pouco común en Galicia. A súa particularidade débese ao seu dobre sistema de aspas, único en Europa. O marabilloso emprazamento destes muíños ofrécenos unha fantástica instantánea da ría de Arousa e a desembocadura do río Ulla, así como da preciosa Lagoa de Pedras Miúdas .

Ruta dos Muíños de Samieira (Poio)

Esta ruta de cinco quilómetros e medio discorre pola ladeira sur do Monte Castrove, na parroquia de Samieira (Poio) e segue o curso do río Freixía. Neste itinerario hai un total de 23 muíños en diferentes estados de conservación. O Muíño de Suárez e o Muíño Cubo de Abaixo son dous dos que se atopan en funcionamento. Neste carreiro existen ademais numerosos elementos da cultura e a arquitectura tradicional galega como os hórreos, os cruceiros, as fontes e os petos de ánimas.

Parque Natural do Río Barosa (Barro)

No municipio pontevedrés de Barro atópase este parque que forma parte da ruta do Camiño Portugués a Santiago de Compostela e que é unha parada obrigatoria para as e os amantes da natureza. Este marabilloso espazo que combina natureza e arquitectura conta cunha marabillosa fervenza e un conxunto de dezasete muíños que seguen o curso do río Barosa. A través destas construcións tradicionais, discorre unha fermosa e pequena ruta polas dúas ribeiras do río onde poderás coñecer a súa estrutura e funcionamento. O parque conta cunha área recreativa.

Ruta de molinos en Samieira
Molinos río Barosa

Parque Etnográfico Muíños de Rocha (Arbo)

Próximo ao río Cea, o en municipio de Arbo, podemos atopar un conxunto de catro muíños de auga reconstruídos que forman parte do Parque Etnográfico de Rocha , e que discorren por unha ruta circular de viñedos e muíños. Estas construcións tradicionais en forma de cubo atópanse nunha pendente graduada e son o Muíño do Coto; da Cuca; do Medio e do Cubo. Dous deles conservan na súa estrutura todos os aparellos e mobiliario necesario para moer o gran.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124