Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - A gala na honra das e dos aloitadores abre o xoves unha nova edición da internacional Rapa das Bestas de Sabucedo - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

A gala na honra das e dos aloitadores abre o xoves unha nova edición da internacional Rapa das Bestas de Sabucedo

Tres curros, o prato forte dun programa que inclúe o festival Rapasons, verbenas, unha exposición permanente e unha ruta polos muíños da parroquia

28/06/2017

Por oitavo ano consecutivo, a Gala Rapa das Bestas de Sabucedo abrirá o programa de actividades dunha nova edición desta festa de Interese Turístico Internacional que se celebra nesta parroquia da Estrada desde o vindeiro xoves ao luns 10 de xullo. O evento, que ten lugar no mesmo curro no que nos días seguintes representa a ancestral loita corpo a corpo entre o ser humano e o cabalo, pon de relevo a figura de aloitadoras e aloitadores.

O día seguinte, o venres, comezará –como marca a tradición– moi cedo. Ao redor das 6:30 horas oficiarase a misa en honra a San Lourenzo, tras a cal a comitiva encargada da reunión das mandas partirá desde o punto coñecido como O Celeiro. A este labor dedicará toda a mañá, de modo que ao mediodía os animais serán reunidos no Peón. Desde este punto, os animais emprenderán camiño cara á aldea de Sabucedo, en concreto ata o peche do Castelo. Neste espazo, descansarán e partirán cara ao curro. Pero antes, haberá tempo para outro dos actos destacados do cartel da Rapa das Bestas, o festival Rapasóns. Este ano, este certame de música tradicional reúne desde as 22:30 horas nesta localidade das Rías Baixas á Banda de Gaitas de Forcarei, A Banda de Balbina, Chotokoeu, Os Bregadiers e Nao.

Na xornada do sábado, terá lugar un dos momentos máis esperados desta tradición, a entrada dos équidos na aldea. Producirase ao redor das 14:00 horas para, xa pola tarde, participar no que será o primeiro curro da tempada. Previsto para as 19:00 horas, a espera estará amenizada polo grupo estradense Tequexetéldere. No marco do festival Rapasóns, na xornada do sábado actuará ademais Fanfarria Taquikardia. Xa pola noite, na verbena subirán ao escenario as orquestras D`Moda e América S. L.

O domingo, o festival Rapasóns abre a programación dunha das xornadas máis multitudinarias deste evento. Será coa actuación de Mónica de Nut e Luís Martíns, que dará paso ao segundo curro do ano ás 12:00 horas. Ao seu termo, Rapasóns sobe ao escenario a Festicultores, Celso Sanmartín, Xandre Outeiro Teiro, Nosoutros e Chaparracha. Nesta xornada, animarán a verbena nocturna as orquestras Televisión e Marbella.

Como sempre, a do luns será unha xornada solidaria na que o terceiro e último curro do ano terá carácter solidario. Nesta ocasión, a súa recadación destinarase á Fundación Amigos de Galicia. Ao seu fin, actuarán os gaiteiros Airiños de Caldelas nun día no que a solta dos cabalos cara aos seus hábitats de procedencia marcará o punto e final dunha nova edición da Rapa das Bestas, a máis internacional de toda a provincia de Pontevedra.

Actividades infantís, culturais e de sendeirismo

Ademais dos propios actos da Rapa, a festa complétase con actividades pensadas para toda a familia. É o caso de xogos gratuítos para as nenas e nenos, a exposición exterior permanente "Sabucedo e a Rapa das Bestas" ou a ruta dos muíños de Sabucedo .

Adquisición de entradas

Por outra banda, a venda de entradas para asistir aos curros –que ofrecen, cada un deles, un aforamento próximo ás 2.000 prazas– está dispoñible de modo anticipado: online, no teleclub de Sabucedo ou no departamento de Cultura do Concello da Estrada. Estas poderán adquirirse ademais o propio día da celebración nos despachos de billetes do curro.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124