Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - As dúas series nacionais sobre narcotráfico prepáranse para a rodaxe nas Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As dúas series nacionais sobre narcotráfico prepáranse para a rodaxe nas Rías Baixas

O equipo de "Fariña" (Antena 3) elixe estes días os extras, e a gravación de "Vivir sin permiso" (Telecinco) comeza a finais de xuño

18/05/2017

As dúas principais cadeas de televisión privada en España puxeron os ollos en Galicia tras o éxito da serie Narcos (Netflix), sobre a historia do traficante colombiano Pablo Escobar, e xa se preparan para rodar nas Rías Baixas. O equipo de Fariña, que emitirá Antena 3 e está baseada no libro homónimo do xornalista Nacho Carretero, xa traballa sobre o terreo e estes días elixe os extras da ficción, protagonizada polos galegos Javier Rey e Marta Larralde. A rodaxe de Vivir sin permiso (Telecinco), que encabezan José Coronado e Álex González e baséase na novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, comezará previsiblemente a finais de xuño e prolongarase seis meses.

A Casa da Luz de Pontevedra acolle mañá de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas as probas para elixir os extras de Fariña, que se gravará, entre outras localizacións, en Vilanova  de Arousa, en Vilagarcía  de Arousa, en Cambados, no Grove e en Pontevedra. Na serie, de Bambú Producciones (a mesma que produciu a serie que tivo tanto éxito Velvet), Rey interpreta o xefe dunha rede de narcotraficantes; e Larralde a súa muller, presa dun debate interior sobre a actividade do seu marido. Tamén participan no elenco Tristán Ulloa, Manuel Durán (Morris) e Carlos Blanco, entre outros. A repartición conta cunha ampla representación de actores e actrices de Galicia.

Vilanova de Arousa , Vilagarcía de Arousa , Cambados, O Grove e Pontevedra, están entre as localizacións da ficción que protagonizan Javier Rey e Marta Larralde

Rey é un dos protagonistas de O final do Camiño, serie emitida recentemente en TVE e TVG, e tamén gravada nas Rías Baixas. A ficción está ambientada nos anos nos que se construíu a catedral de Santiago, e as localizacións centráronse neste caso nas comarcas de Deza  e Tabeirós-Terra de Montes. O final do Camiño, emitida en prime time, chegou a ser líder de audiencia na súa estrea con máis de 2,2 millóns de espectadoras e espectadores.

Fariña, a obra de Carretero, aborda o narcotráfico galego desde as súas orixes, co contrabando de tabaco como precedente, e a través de testemuños de xuíces, policías, xornalistas, persoas arrepentidas e nais de toxicómanos.

 Narcoempresario

Vivir sin permiso, pola súa banda, está producida por Alea Media e narra a historia dun poderoso narco, Nemo Bandeira (José Coronado), que logrou limpar a súa imaxe e é o empresario máis importante de Galicia. Álex González encarna o avogado Mario Mendoza, afillado do patriarca e que aspira a poñerse á fronte da organización. A rodaxe terá como epicentro a comarca do Salnés.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124