Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - As escavacións na Lanzada revelan que é un enclave fundamental da Idade de Ferro no noroeste peninsular - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As escavacións na Lanzada revelan que é un enclave fundamental da Idade de Ferro no noroeste peninsular

Os seus habitantes realizaban intercambios comerciais con Italia, Tunisia e Palestina desde 600 anos antes da chegada dos romanos

17/02/2017

O Campo da Lanzada era un complexo comercial de gran calado desde o século VI antes de Cristo e ten unha importancia crave para comprender o mundo da Idade do Ferro no noroeste peninsular. A última escavación no xacemento, promovida pola Deputación de Pontevedra e na que participaron máis de 20 especialistas en arqueoloxía, puxo ao descuberto máis de 15.000 pezas e 17 esqueletos, ademais de revelar datos inéditos que dan fe da transcendencia do enclave costeiro situado no Concello de Sanxenxo.

Un dos principais é a constatación de que os habitantes do Campo realizaban intercambios comerciais con Italia, Tunisia e Palestina desde 600 anos antes da chegada da civilización romana. Outro, o achado da primeira factoría de salgadura prerromana do noroeste peninsular, cando ata agora os estudos apuntaban a que todas tiñan unha orixe romana. "Mentras o habitual neste tipo de industrias era contar con entre oito ou dez depósitos, na Lanzada apareceron ata 29 piletas destinadas á fabricación de salsas e a conservación de alimentos", explicou Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación, durante o balance dos resultados da campaña, que se prolongou sete meses, xunto coa presidenta da institución provincial, Carmela Silva; o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita; e o presidente da Comunidade de Montes de Noalla, Roberto Garrido.

A Lanzada testemuña a importancia da pesca e o seu grao de desenvolvemento xa hai máis de 2.000 anos. Os arqueólogos atoparon restos dun gran número de cetáceos, vértebras e ósos, que para o director da campaña dan indicios claros de que na Idade do Ferro xa estaba organizada a caza de baleas.

Os achados acreditan o enorme valor científico do xacemento e o seu potencial turístico. Silva manifestou que está pendente o proxecto de musealización, que levará a cabo o Ministerio de Fomento, e realizaranse actividades de divulgación para dar a coñecer o xacemento e ampliar a súa investigación. "É un espazo fundamental para coñecer o tránsito da Galicia galaica á Idade Media", apuntou Silva. A área visitable do asentamento triplicou a súa superficie tras a campaña, pasando de 600 a 1.800 metros cadrados.

Cristiáns primitivos

A aparición de esqueletos achega tamén novas conclusións que enriquecen a información sobre os enterramentos. O achado de tres adultos, entre eles a bautizada como Cornelia, unha muller nova do século V cuxos restos se conservan en excelente estado, permitiron coñecer que a necrópole da Lanzada é maior do que se pensaba e resulta probable que, debido ao ritual de inhumación, en caixa, trátese de cristiáns primitivos.

Os esqueletos de 13 nenos menores dun ano e outro con menos de dous, de entre os séculos I e II d.C., converten ademais o Campo no primeiro lugar de Galicia no que se atopan restos deste tipo de enterramentos.

Entre as 15.000 pezas extraídas durante a campaña destaca o volume de "terra sigilata"(cerámica de luxo na que poden verse grafitis con nomes romanos), 25 moedas dos séculos I-IV d.C., obxectos feitos con óso (peites e elementos decorativos), e 358 metais entre os que sobresae unha espada de 33 centímetros probablemente Mediterránea, quizais chipriota, e pertence a unha época entre os séculos VIII e IV a.C.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124