Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Las Rías Baixas enfilan un verano de récord turístico - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As Rías Baixas enfilan un verán de récord turístico

A previsión para a tempada estival supera xa o 80 %, crecen as visitas ao interior da provincia, o turismo cultural, a chegada de cruceiristas e o tráfico de Peinador

29/06/2018
Carmela Silva

O turismo en Rías Baixas vive unha época dourada a todos os niveis. A previsión de ocupación hostaleira máis conservadora da Deputación de Pontevedra para o verán supera xa o 80 %, o que excede a estimación de 2017 a estas alturas (78 %), mentres que o Clúster de Galicia elévao mesmo ata o limiar do 90 %. O portal de reservas Booking, unha referencia para ter en conta polo volume de reservas que xestiona, constata un 87 % para xullo, e un 88 % para agosto na provincia.

“Moitos establecementos confírmannos que xa cubriron todas as súas prazas”, explicou esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao dar conta dos datos. Por comarcas, a previsión de ocupación é dun 91 % no Baixo Miño, o 89 % en Vigo, un 85 % no Morrazo, o mesmo porcentaxe en Caldas, un 84 % no Condado-A Paradanta, un 77,5 % no Salnés, un 75 % en Pontevedra, e un 61 % en Deza-Tabeirós e Terra de Montes.

As expectativas son tamén moi favorables para os aloxamentos de turismo rural. “A provincia lidera os ránkings de incremento da demanda e está á cabeza na oferta de establecementos destas características, con 168”, explicou Carmela Silva. A previsión de ocupación alcanza xa o 69 %, cando o verán pasado a esta altura situábase nun 67 %.

A Deputación tamén conta con datos de ocupación de vivendas turísticas, que chega xa ao 75 % na provincia, mentres que as reservas para os cámpings pasan o 76 % en xullo e o 86 % en agosto.

O turismo estranxeiro sobe un 50 % na última década, e As Rías Baixas destaca entre as zonas de España onde máis creceu a rendibilidade do destino

Os datos confirman o excelente ciclo do sector turístico na provincia de Pontevedra, tanto na costa como no interior. O Instituto Nacional de Estatística (INE) reflicte que no primeiros cinco meses do ano recalaron nas Rías Baixas 379.000 visitantes, dos cales 92.800 procedían do estranxeiro.

A provincia rexistrou o mellor maio da historia no que ao turismo refírese desde que hai datos do organismo estatal. De todas as persoas que visitaron Galicia en maio, o 30 % estivo na provincia de Pontevedra. Nunha década, ademais, o turismo estranxeiro creceu un 50 % segundo constata o INE.

A presidenta provincial resaltou tamén no seu balance as conclusións do barómetro de Exceltur sobrerendibilidade e emprego nos destinos turísticos españois. Mentres que no Estado detéctase unha retardación no primeiro cuadrimestre en canto á rendibilidade económica das actividades turísticas, “hai zonas do Estado, entre as que destaca a provincia de Pontevedra, cun gran incremento”, apuntou.

A mesma entidade destaca, ao analizar a rendibilidade, o perfil da provincia como destino de interior e cultural. “É un dos grandes cambios desde a nosa chegada, potenciar o interior da provincia e o turismo cultural. E está a dar moi bos resultados, do mesmo xeito que a chegada de visitantes desde o estranxeiro en parte pola mellora da conectividade aérea”, destacou Carmela Silva.

Por mar e aire

O vento sopra de cola para o aeroporto de Peinador, o que máis creceu de Galicia no primeiro semestre (un 9 %). A terminal viguesa conta actualmente con nove conexións nacionais e sete internacionais (estas últimas Lisboa, Londres, París, Milán, Dublín, Edimburgo e Bolonia).

O tráfico de cruceiros, onde o porto de Vigo é unha referencia, tamén vive un bo momento. O 48 % dos turistas que chegaron a bordo de transatlánticos a Galicia durante o primeiro semestre atracou na terminal olívica, líder en Galicia neste sector.

“Todos os datos son extraordinarios para a provincia de Pontevedra. Non se pode pedir máis con vistas a esta tempada de verán”, resumiu Carmela Silva.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124