Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Lenda e historia na conmemoración da batalla de Rande. - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Lenda e historia na conmemoración da batalla de Rande.

Do 19 ao 21 de outubro celébrase a IV conmemoración da batalla de Rande. 314 anos cheos de historia, misterio e lenda no seo da Ría de Vigo

11/10/2017

Vinte mil homes e máis de corenta navíos pechaban o paso da Ría de Vigo un domingo 22 de outubro de 1702. As crónicas elevaban o número de galeóns a 150. 10.000 homes e uns 40 navíos asediados na enseada de San Simón. No centro, o estreito de Rande.

Horas despois, xa o luns 23 de outubro, comezaba unha das batallas navais máis famosas da historia entre catro potencias marítimas. A armada franco-española contra a anglo-neerlandesa. Tres séculos de historia nos comezos da Guerra de Sucesión española que evocaron decenas de historias ao longo do tempo.

1.500 canóns das forzas españolas e as milicias locais tentaron deter o inimigo sen éxito. Ao final da contenda, a frota franco-española decidiu queimar o resto de navíos non capturados ante o avance inglés e evitar desta maneira uno dos botíns máis cobizados de todos os tempos. Acababa unha batalla e comezaba unha lenda. No fondo do mar, o tesouro das Américas.

Tal foi o eco da contenda que ata Jules Verne o incluíu entre as súas páxinas dentro das súas 20.000 leguas de viaxe submarina. Dise que foron decenas os cazadores de tesouros que se achegaron en busca de sorte. Os ingleses xáctanse de que levaron o ouro, mentres que os españois defenden que a maior parte correu á capital en carros tirados por bois.

Canto menos de acordo se poñen os historiadores, máis grande se fai a lenda. Agora, tres séculos despois, o Centro de Interpretación de Meirande, en Redondela, expón e mostra durante todo o ano eses detalles da historia para grupos de entre 8 e 49 asistentes. Guías didácticas e comentadas que se complementan coa conmemoración anual da batalla levada a cabo pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande, que na actualidade chega á súa cuarta edición.

Un día para o recordo para os descendentes destas terras onde tivo lugar esa gran pelexa a dous bandos. O programa deste ano comeza o xoves 19 de outubro ás 19 horas, cunha mesa redonda sobre os resultados das investigacións desa cruzada ata a actualidade. O relatorio realizarase na Casa da Cultura de Redondela.

O venres 20 terá lugar a teatralización do desembarco da prata das Indias e o ataque inimigo. Neste caso será na praia de Cesantes, tamén en Redondela.

O sábado 21 tomará protagonismo o centro de Meirande, con portas abertas a partir das 10 da mañá, talleres, postos de artesanía e postos de comida. Continuarán os actos cunha concentración de embarcacións tradicionais ás 12 horas e, posteriormente, outras teatralizacións da batalla por parte da veciñanza e o grupo Escuadra17.

Neste evento todo o mundo está convidado non só a asistir senón tamén a participar, pois quen o desexe pode formar parte das actuacións. A participación é gratuíta e os ensaios, nos que tamén se proporciona a vestimenta, realízanse os martes a partir das 19 horas. Para iso, é necesario poñerse en contacto coa Asociación Deportiva e Cultural de Rande (ADC Rande), o centro de Meirande, ou consultar os perfís do evento en redes sociais.

Existen outros vestixios dese evento bélico, por exemplo no monte do Castro, en Vigo, onde se recollen varios canóns e a áncora dun dos galeóns. Na parroquia de Rande, ademais, búscase recuperar os restos arqueolóxicos da fortaleza asediada polo inimigo.
Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124