Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Chega o frío Vamos de balnearios por Pontevedra - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Chega o frío? Vamos de balnearios por Pontevedra

Pontevedra atópase nunha posición privilexiada cando nos referimos a augas termais e balnearios. Amosamos varios dos municipios das Rías Baixas que contan con estes servizos.

17/11/2017
Mondariz-Balneario

Seguen baixando as temperaturas acorde á época outonal e pronto nos acompañará o frío do inverno. Aínda que un dos maiores atractivos das Rías Baixas son as súas praias para gozar na época estival, darse un baño non é só cousa do verán. Falamos dos balnearios, pois outro dos encantos da provincia de Pontevedra son as súas augas termais, e non en balde, pois Galicia sitúase entre os primeiros postos en canto a turismo termal se refire.

Son moitos os municipios que contan con este tipo de espazos, e nos últimos anos están a converterse nunha actividade moi popular. A propia Deputación de Pontevedra promove anualmente prazas para a cidadanía para acceder máis facilmente a este tipo de complexos co seu programa "DepoTermal". Quen desexe participar han de estar pendentes das diferentes convocatorias.

Para o resto de persoas interesadas mostramos algunhas das vilas que dispoñen tanto de termas como de balnearios.

Comezando polo norte da provincia, Vila de Cruces posúe un balneario cuxas augas de brea xa eran aproveitadas polos monxes bieitos do mosteiro de Carboeiro. A popularidade das termas aumentou a finais do século XIX, aínda que non sería ata un século despois cando se construíu o propio balneario.

Pola súa banda, Cuntis conta con varios destes complexos, incluído o máis grande de Galicia, o Hotel Balneario. Esta é unha terra cuxa tradición termal remóntase á época romana e que a partir do século XVII viviu o seu propio renacemento. No XIX incluiríase unha dirección médica e a principios do mesmo século contaría co balneario de La Virgen.

Un pouco máis ao sur está o municipio de Caldas de Reis, con dous importantes balnearios. O primeiro, Dávila, foi construído polo escribán Joaquín Dávila Mariño en 1780 e é o máis antigo da provincia, aínda que tivo diversas reformas posteriormente. O segundo, Acuña, tardaría uns anos máis en levantarse, sendo fundado en 1812.

Unha actividade para a época invernal que, ademais de ser un pracer para os sentidos, ofrece múltiples beneficios tanto a nivel físico, estético como psicolóxico

Se antes mencionabamos o máis antigo ou o máis grande, o Balneario de la Toja, no Grove, é posiblemente un dos máis populares e que máis nos soan sobre este tipo de actividade. Parte do seu encanto reside posiblemente na súa localización, situado nun espazo envexable, nunha pequena illa da ría de Arousa.

Se seguimos baixando pola provincia chegamos a Mondariz-Balneario. Como se pode intuír polo seu nome, representa outro dos destinos populares para este tipo de lecer na provincia. Son varias as entidades na localidade que ofertan servizos ao redor deste tipo de recreo e que durante anos gozaron da confianza de personaxes ilustres, como a raíña Isabel de Portugal, Emilia Pardo Bazán ou Castelao. Se o anterior destacaba por situarse nunha illa, neste caso é a arquitectura modernista que emana da maioría dos seus edificios a que dota dun encanto especial á cidade, cunha estrutura de finais do XIX baixo o estilo do art nouveau. Mondariz Balneario procede de 1873, o Gran Hotel Sanatorio de 1909–1915, o edificio La Baranda de 1910 e o templete sobre a fonte Gándara de 1909.

Á beira do Miño, Tui tamén conta con augas termais cuxa importancia foi plasmada na obra Historia universal de las aguas minerales de España do século XVII. En 1869 declaráronse de utilidade pública e posteriormente construiríase un hotel balneario.

Esta lista podería aumentar con máis destinos. Sen ningunha dúbida, a oferta viuse mellorada grazas aos avances tecnolóxicos con servizos de spa, entre outros, e que toda localidade pode aproveitar. Ademais de ser un pracer para os sentidos, ofrecen múltiples beneficios tanto a nivel físico, estético como psicolóxico.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124