Chega a rodaxe de Fariña ás rúas de Pontevedra
O 13 de setembro, o elenco de actrices, actores e produción da serie española situáronse en diversos escenarios da cidade de Pontevedra para continuar coa rodaxe da mesma. Os enclaves elixidos foron a praza de España e o centro escolar IES Valle-Inclán.
A serie Fariña é a segunda serie que se está rodando en Galicia nos últimos meses sobre o mesmo tema, o narcotráfico galego. Unha obra que se basea no libro homónimo de Nacho Carretero publicado en 2015, onde repasa a historia e reviravoltas deste turbio negocio en terras galegas. Entre os actores principais atópanse Javier Rei, Carlos Branco e Antonio Durán "Morris" entre outros, e está a ser levada a cabo por Producións Bambú, liderada pola pontevedresa Teresa Fernández Valdés, situada por Forbes como unha das mulleres máis influentes de España.
A serie Fariña é a segunda serie que se está rodando en Galicia nos últimos meses sobre o mesmo tema, o narcotráfico galego
A outra serie é Vivir sin permiso, que do mesmo xeito que a anterior comezou a súa rodaxe en Galicia a principios de verán, e cuxos actores Álex González e José Coronado deron conta da súa estancia nas Rías Baixas a través das redes sociais como vos contamos aquí.
Enclaves galegos que forman parte de máis dunha película como o foi O final do Camiño, e onde na actualidade séguense producindo e realizando máis gravacións de películas ou series mesmo portuguesas.