Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - As 10 árbores máis antigas de Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As 10 árbores máis antigas de Rías Baixas

Coñécense como senlleiras ou árbores singulares, moitas están cheas de historia e forman parte dun catálogo especial que recolle a Deputación de Pontevedra

07/05/2018

Ademais do legado artístico, cultural ou histórico, Galicia conta cun legado natural excepcional. Bosques, fragas ou frondosas ribeiras cheas de vida son mostra diso. Entre este legado atopamos ás denominadas “árbores senlleiras” ou árbores singulares. Trátase dun proxecto da Deputación de Pontevedra co obxectivo de catalogar aquelas árbores centarias máis antigas localizadas nesta provincia.

Agora que chegamos á metade da primavera, o bo tempo convida a pasear, e unha opción é saír a coñecer estas compañeiras singulares que nos acompañan desde fai centos de anos. Listamos as 10 senlleiras máis lonxevas para quen desexe coñecelas:

Carballo de Soutolongo, Lalín

Carballo que se localiza na ribeira do río Asneiro, en Soutolongo, Lalín. É das máis altas desta lista cos seus 26 metros. E a súa idade está estimada entre os 150 e 200 anos, do mesmo xeito que o Sobreiral de Magán, Cuntis, e as Magnolias Grandifloras do pazo Rubianes, Vilagarcía de Arousa.

Oliveira de Vigo

É unha das árbores máis populares da cidade de Vigo. Non en balde coñécese á urbe como cidade olívica e este exemplar en concreto xa é un emblema da vila. Mide 15 metros e ten 200 anos de vida.

Carballo de Soutolongo
Carballo de Soutolongo, Lalín
Olivo de Vigo
Olivo de Vigo

Sobreira do pazo de Valiñas, A Estrada

A sobreira do pazo de Valiñas, A Estrada, é de titularidade privada. En 1851 Ramón Cervela Arias-Teixeiro dedicoulle unha poesía. Mide 21 metros e está datada entre os 250 e 350 anos.

Figueira do Meco, O Grove

A historia do Grove está directamente ligada coa Figueira do Meco. O Pai Sarmiento menciónao no século XVII e a lenda conta que nel se axustizou ao Meco por abusar de diferentes mulleres. Ao preguntar o xuíz “Quen matou ao Meco?”, o pobo contestou “Ao meco matámolo todos”. Desde entón ás e aos os grovenses coñéceselles como mecas e mecos. Mide 5 metros e está datado en máis de 300 anos.

A historia do Grove está directamente ligada coa Figueira do Meco que deu lugar ao seu xentilicio local

Sobreira de Pazo Valiñas
Sobreira de Pazo Valiñas, en A Estrada
Figueira do Meco
Figueira do Meco, en O Grove

Sobreira do Cristo de Arriba, en Redondela

A sobreira do Cristo de Arriba atópase na parroquia de Reboreda, en Redondela e forma parte dun terreo ligado á familia de Ramón Otero Pedrayo. O porte chega aos 17 metros e a idade estímase entre os 250 e 500 anos.

Sobreira de Siador, en Silleda

A sobreira de Siador, Silleda, atópase nunha contorna natural preto do templo da nosa Señora da Virxe da Saleta. Aínda que é de titularidade privada, pódese apreciar desde o camiño. A súa altura alcanza os 15 metros e ten unha idade estimada de 300 a 500 anos.

Sobreira de Cristo de Arriba
Sobreira del Cristo de Arriba de Reboreda, Redondela
Sobreira de Siador
Sobreira de Siador, Silleda

Buxal de pazo de Oca, en A Estrada

Tamén é de titularidade privada, pero o acceso ao xardín onde se localiza está aberto a visitas case todo o ano. De feito, no propio pazo de Oca localízanse varias senlleiras. Este buxal ten un porte de 13 metros e unha idade de 400 anos.

Carballo do Pelete, en A Lama

Nas Festas do Viño do Pelete, A Lama, bótase viño ás raíces deste carballo. O motivo xorde da lenda no que un pai agradecía con esta tradición anual á patroa da parroquia, a Virxe dos Remedios, por curar ao seu fillo que caeu malferido á beira do carballo. Mide 15 metros e está datado en 500 anos.

Buxal de pazo de Oca
Buxal de pazo de Oca, A Estrada
Carballo de Pelete
Carballo de Pelete, A Lama

Carballo de Santa Margarida, en Pontevedra

O carballo de Santa Margarida chegou á final do concurso ”Árbol Español del Año” en 2017, quedando en terceiro lugar. Atópase en Mourente, Pontevedra. Comparte terreo cunha capela, mide 14 metros e está datado tamén en 500 anos. Algunha investigación anterior elevábao aos 800 anos.

Sobreira de Valboa, en A Estrada

É unha sobreira que sobreviviu a un incendio e agora ten o seu propio papel nas festas parroquiais. Atópase xunto o río Ulla en San Xiao de Arnois, A Estrada. Mide 20 metros e forma parte desta estirpe que chega ao medio milenio.

Carballo de Santa Margarita
Carballo de Santa Margarita en Mourente, Pontevedra
Sobreira de Balboa
Sobreira de Valboa en A Estrada
Etiquetas: portada, turismo de naturaleza, arbores senlleiras, arboles antiguos
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124