Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia Los Rías Baixas Fest se reinventan para resurgir en 2021 - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Os #RíasBaixasFest reinvéntanse na Covid-19 para rexurdir en 2021 con máis forza co apoio da Deputación

Carmela Silva: “Nesta provincia a cultura, o patrimonio e a gastronomía son unha forma de estar no mundo e todos estes festivais o representan como moi poucas cousas”.

20/07/2020

“O 2020 vai ser un ano de música e o 2021 un ano de máis música”. Deste xeito describiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a “reinvención” dos festivais das Rías Baixas en tempos da COVID-19. Silva referendou durante a presentación oficial da nova edición dos Rías Baixas Fest o “absoluto respaldo da institución a esta industria cultural, turística e estratéxica da provincia” e agradeceulles ás promotoras e promotores destes eventos que fosen quen de abrir novos formatos e propostas para manter a súa continuidade neste ano, cara á recuperación total dos seus contidos e o seu “rexurdir” no vindeiro 2021.

“Estou emocionada despois de que todos decidiran non renderse ante unha situación tan complexa derivada dunha pandemia, con todo o que isto significa para a industria musical en Galicia e na nosa provincia –sinalou a presidenta provincial no acto que tivo lugar baixo o icónico magnolio dos xardíns do Pazo provincial–. Sabiamos que eramos un pobo guerreiro, pero tras a COVID-19 non hai dúbida de que non hai nada que poida con nós, que poida cos nosos soños, coas nosas ideas e o noso desexo de non parar de crear. Vivimos nunha provincia onde a nosa cultura, o noso patrimonio e a nosa gastronomía son unha forma de estar no mundo que todos estes festivais representan como moi poucas cousas”.

Deste xeito, este ano PortAmérica (Caldas de Reis), Revenidas (Vilaxoán, que este ano se chama Revenidas en Conserva), Atlantic Fest (Vilagarcía de Arousa), SonRías Baixas (Bueu), Sinsal (Redondela) e Vive Nigrán apostarán por novas actividades, entre as que figuran iniciativas turísticas, promocións e concertos en liña ou de pequeno formato que, como destacou a presidenta, irán anunciando nos vindeiros días, de cara a poder recuperar para o ano que vén a esencia dos festivais.

“O público atopará festivais renovados, feitos con máis ilusión que nunca e que neste ano se reinventaron coas novas tecnoloxías –apuntou–, que nos permiten seguir facendo concertos e contactando coa cidadanía”. “Vai ser un ano particular, pero con moitísimas iniciativas, cada unha cun lema para identificar o que vai acontecer”.

Inversión total de 450.000 euros para dous anos

Consciente da súa importancia para a supervivencia do sector cultural tras a crise da pandemia e tamén da repercusión económica que estes festivais teñen para a provincia, a Deputación decidiu este ano manter a consignación xa prevista para estes eventos e garantir a do 2021, cun investimento total de 450.000 euros (225.000 por cada anualidade). “Temos unha industria musical moi potente e estes festivais son unha referencia que ademais xera actividade económica e moito emprego e non podiamos deixar de apoiala", indicou Carmela Silva.

A  presidenta provincial resaltou tamén a forte ligazón de cada un destes eventos co territorio no que teñen lugar, “e coa súa paisaxe, a súa gastronomía, co seu comercio de proximidade, coas nosas produtoras e produtores e co turismo sostible”. “Ademais da música son igualdade, son aposta polo territorio, pola diversidade, unha aposta polo medio e o respecto a todas as persoas, algo que os identifica”.

Tanto a presidenta da Deputación como as e os responsables dos festivais amosáronlle tamén o seu agradecemento ao público, “moi fidelizado” e que en gran número segue a manter as súas entradas para o ano que vén.

No transcurso do acto celebrado nos xardíns do Pazo provincial,ao que asistiron representantes dos concellos, proxectouse o novo vídeo de Turismo Rías Baixas “Ven”, “para que a xente siga a vir”, ademais dun audiovisual que recolleu imaxes da anterior edición dos festivais. Baixo o enorme magnolio dos xardíns do Pazo, Carmela Silva remarcou que “este proxecto dos Rías Baixas Fest é de todas e todos, unha suma de vontades pola que temos que apostar os concellos, as industrias e a Administración provincial. Imos saír desta e imos saír moi fortes”.

belendevalga3
belendevalga4

Novos formatos con todas as garantías sanitarias

Pola súa banda, Susana Laya, responsable do Atlantic Fest, lembrou que “o sector cultural enfrontouse a diversas crises e amosou que é loitador. "A nosa vocación é a música e especialmente a música en directo, por iso seguimos apostando de forma firme para adaptármonos con accións culturais que garanten a seguridade de todas as persoas implicadas”.

A reinvención dos #RíasBaixasFest pasa por “reducir os formatos en horas e capacidade e por protocolos adaptados á nova normalidade”. Laya sinalou a importancia da “continuidade de todos os festivais, non só dalgúns, porque formamos parte cun tecido que sustenta en gran parte a cultura e do que viven moitas familias”. Laya resaltou que o apoio da Deputación é de longo percorrido, xa que “levamos anos traballando nunha marca, os #RíasBaixasFest, baixo a que compartimos o obxectivo de ser eventos de calidade que representan con fidelidade o territorio onde se desenvolven”.

Pola súa banda, o representante de SonRías Baixas, Jordi Lauren, asegurou que “xa superamos moitos retos e xeramos moitas ilusións, pero os retos son diarios e iso fai que aínda non saibamos como nos enfrontaremos á nosa nova normalidade. Estando no mesmo barco, ímolo conseguir”. Lauren lembrou que “os festivais de música son ecosistemas complexos de manexar e de facer subsistir”, e a única maneira de logralo, sinalou, é “convivindo catro factores: territorio, administracións públicas, patrocinios privados e público”.

Respecto a este último, Lauren asegurou que “sabemos que confían en nós, porque nos apoiaron desde o principio, e sen el non poderiamos aguantar”. En canto ás perspectivas de futuro, “agardamos que sexa unha paréntese o máis pequena posible, pero aínda que dure máis do desexado seremos quen de construír algo semellante e de superalo. Guerreiro, galego, territorio e emoción son palabras que nos definen porque cando nos empeñamos en algo podémolo conseguir”.

Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124