Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - MasterChef acende os fogóns nas Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

MasterChef acende os fogóns nas Rías Baixas

O 'talent' culinario de TVE emite o domingo o programa que gravou na provincia de Pontevedra para homenaxear ás persoas afectadas polos incendios de 2017

27/04/2018

Unha gastronomía con produtos de alta calidade, que combina tradición e vangarda, enmarcada nunhas paisaxes impresionantes. Así é a cociña das Rías Baixas, á que rende tributo o domingo a partir das 22:05 horas o talent culinario MasterChef na segunda emisión da súa sexta tempada.

O programa de TVE, unha das apostas estelares da grella, con 2,5 millóns de espectadoras e espectadores na estrea desta nova edición, trasládase este domingo día 29, coa colaboración da Deputación de Pontevedra entre outras entidades, á comarca do Val Miñor. Alí as e os aspirantes, baixo a supervisión dos chefs Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nájera, darán renda solta ao seu talento culinario e servirán un menú típico galego a 120 persoas afectadas polos devastadores incendios que sufriu Galicia en 2017.

Para iso contarán coa axuda de Rafael Centeo, chef dun dos cinco restaurantes que contan con Estrela Michelin nas Rías Baixas. As persoas aspirantes a MasterChef 6 acenderán as súas cociñas en Baiona, vila na que fai cincocentos vinte e cinco anos desembarcou a Pinta anunciando o éxito da expedición de Cristóbal Colón, recreándose tal feito todos os anos na tradicional Festa da Arribada.

Máis concretamente será o seu parador, na fortaleza de Monterreal, unha espectacular mostra do patrimonio fortificado pontevedrés cunha extensión de 180.000 metros cadrados e tres quilómetros de murallas ameadas, onde as e os participantes demostrarán as súas calidades nos fogóns. A emisión mostrará imaxes espectaculares desde o alto da vila e da ría de Vigo, o que representa unha grande promoción turística das Rías Baixas.

Baiona e o incomparable marco que, xunto cos concellos de Nigrán e Gondomar, conforma a contorna natural do Val Miñor, foron elixidos para un dos exteriores desta sexta tempada de MasterChef, producido por RTVE en colaboración con Shine Iberia, xunto con outros grandes monumentos que tamén terán cabida no programa, como o acueduto de Segovia e outros escenarios como a Universidade de Salamanca ou o estadio Wanda Metropolitano.

Recoñecer a heroicidade galega

En aras de visibilizar o compromiso demostrado polo pobo galego coa súa terra e a súa heroicidade á hora de afrontar os incendios que o pasado outono supuxeron case oitenta mil hectáreas de superficie queimada, as persoas concursantes, divididas en dous equipos, terán que cociñar para 120 responsables de tal fazaña un menú típico galego cos produtos de alta calidade da provincia de Pontevedra, que ademais será servido polo alumnado de hostalería do centro pontevedrés de formación profesional Carlos Oroza.

Á degustación asistiu, entre outras e outros invitados, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen mostrou a súa satisfacción pola proxección turística que a emisión de MasterChef supón para a provincia. Xunto a ela estivo presente o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor Rodríguez.

O programa rende unha homenaxe especial ás veciñas e veciños de Chandebrito, unha das zonas máis afectadas pola catástrofe e o primeiro lugar onde se produciron vítimas mortais nos fatídicos incendios do pasado mes de outubro. Situada no concello de Nigrán, esta parroquia está a afrontar na actualidade a súa reforestación con especies autóctonas, para debuxar de novo a súa antiga paisaxe chea de vida e beleza.

Nesta aventura polas Rías Baixas, as e os participantes do coñecido programa estarán acompañados polo chef autodidacta Rafael Centeno, membro do Grupo Nove e talento creativo xunto a Inés Abril nas cociñas do restaurante Maruja Limón de Vigo, recoñecido cunha Estrella Michelin. O traballo duro e o esforzo serán os valores que buscará transmitir este abandeirado da cociña galega de alto nivel baseada no mellor das raíces autóctonas galegas.

Propostas para todos os sentidos

Unha contorna de ilusión acollerá o segundo programa da sexta tempada do coñecido talent televisivo. Baiona, sinónimo de bo porto, conta cun característico casco antigo de rúas empedradas, declarado Conxunto de Interese Histórico-Artístico en 1993, e un sendeiro litoral que une a praia da Concheira e o espazo natural da Foz do Miñor polo que calquera visitante pode descubrir unha incrible mostra da flora e fauna autóctonas e propostas hostaleiras para deleitar padais de todos os gustos.

Próximo a Baiona atópase Nigrán, coñecido polas súas impresionantes praias de fina area nas que practicar todo tipo de deportes acuáticos e apuntarse a algunha das numerosas ofertas gastronómicas da zona. A beleza do Val Miñor enriquécese ademais co rico patrimonio arqueolóxico e as vistas que desde o concello de Gondomar podemos gozar da serra do monte Galiñeiro e a ribeira do río que dá nome ao val, de gran valor ecolóxico e ornitolóxico.

E é que a provincia de Pontevedra destaca pola variedade e beleza do seu patrimonio fortificado, arqueolóxico e relixioso, rodeado de espazos naturais únicos como o estuario do Miño ou as Illas Cíes. Ademais a riqueza das súas festas e a súa gastronomía seguro que deleitan a quen se anime a coñecer un lugar único no que vivir historias inesquecibles, unha experiencia de 365 graos como a que seguro lembrarán durante moito tempo as e os concursantes de MasterChef 6.

Etiquetas: portada, gastronomía, masterchef, gastronomía pontevedra, gastronomía rías baixas
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124