Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Pontevedra abre este sábado o seu programa de Entroido, con máis dunha vintena de actos en cartel - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Pontevedra abre este sábado o seu programa de Entroido, con máis dunha vintena de actos en cartel

O enterro do loro Ravachol, un dos momentos máis esperados, terá lugar o 4 de marzo

13/02/2017

Está todo preparado. Un dos festexos de Entroido que maior afluencia de público recibe en Galicia, o de Pontevedra, abre esta fin de semana o seu programa de actividades. Durante practicamente un mes a cidade renderase á sátira e á ironía. En múltiples facetas.

Unha representación do Entroido tradicional é a encargada de marcar o inicio das festas. Será este sábado, ás 12:00 horas, cun pasacalle a cargo das madamas e dos galáns de Cobres (Vilaboa). Declarada de interese turístico, esta manifestación destaca tanto pola súa danza como polo colorido das súas vestimentas.

O venres seguinte, o día 24, as actividades comezan, ás 20:00 horas, cunha degustación de filloas de Entroido na praza da Ferraría. Neste mesmo espazo procederase á recepción do rei da festa, Urco, que chegará acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos. A lectura do pregón é, como cada ano, un dos momentos máis esperados. Polo momento aínda non transcendeu quen se encargará de entoalo.

Ao día seguinte o Entroido deixarase sentir desde moi cedo, pois Os Canecos ofrecerán un pasacalle desde as 11:00 horas. Xa pola tarde terá lugar o tradicional desfile de Entroido, que parte da rúa José Malvar e percorre Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e a rúa Alameda para terminar na praza da Ferrería, onde se entregarán os distintos premios.

Xa o luns 27 de febreiro o III Campamento Urbano Entroido Pirata toma a remuda. Obradoiros  de xogos e disfraces conforman o aperitivo doutro dos actos máis recoñecidos deste Entroido, o que ten como protagonista o loro Ravachol. Será, a partir das 19:30 horas, na praza da Peregrina, coa recreación da botica de don Perfecto Feijóo e a actuación de Comando Foucellas. Máis tarde, o Pazo da Cultura será escenario da primeira eliminatoria do XXVI Concurso das Murgas.

O martes, última xornada do mes, repite o Entroido Pirata como dinamizador da mañá. Para a tarde está prevista a XXII Festa da Filloa, co seu concurso. Ademais, seguirá o campamento infantil pola tarde para dar paso á Noite Pirata, co desembarco da tripulación de Burla Negra no centro histórico. Ao día seguinte, festivo local na cidade, desde as 17:00 horas, poderase participar no obradoiro As Máscaras de Ravachol, na praza da Peregrina, así como en actividades musicais ou na recuperación do Entroido tradicional de Campañó. Ás 19:00 horas procederase á recreación da botica de don Perfecto Feijoo. A ambientación será a cargo da aula de Teatro Municipal e de persoeiros relevantes da época na cidade. Actuará o Coro e, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura, terá lugar a segunda eliminatoria do XXVI Concurso das Murgas, cuxa final terá lugar ao día seguinte.

O primeiro venres de marzo reserva espazo para a actividade Entroido, Filloas e Fogóns, no Teatro Principal, a XXII Mostra da Parodia do Entroido e a entrega de premios da XXII Mostra da Parodia do Entroido. Na xornada posterior actuarán Foula e Os Alegres e, ás 18:00 horas, terá lugar o comezo do Velorio de Ravachol na sala mortuoria, para o que se prega asistencia de loito rigoroso. O cortexo fúnebre partirá, ás 21:00 horas, da praza da Verdura, co seu séquito e comparsas. A comitiva percorrerá San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantería e praza da Ferraría. Neste caso a Velada Infausta contempla honras fúnebres, coa lectura da necrolóxica do defunto, así como a danza da morte, a saeta val do Lérez e a incineración do loro Ravachol.

Deseño do cartel

Por outra banda, cómpre sinalar que a gastronomía destaca como o elemento principal do cartel do Entroido 2017 en Pontevedra. Ideado polo artista Dim Matamoro e o debuxante Kiko da Silva, mostra un Ravachol conformado por pan, aceite de oliva virxe e perexil.

Carnaval Pontevedra

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124