Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia-Pontevedra, la zona del mundo donde las camelias crecen más y desarrollan troncos de mayor grosor - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Pontevedra, a zona do mundo onde as camelias medran máis e desenvolven troncos de maior grosor

Así o afirma o experto internacional Gao Yiyin, que participa hoxe e mañá no Congreso "Camelia e Paisaxismo" no Pazo de Rubianes

02/03/2017

Pontevedra destaca como a zona do mundo onde as camelias medran máis e desenvolven troncos máis grosos. Así o afirma o experto internacional Gao Yiyin, que participa hoxe e mañá no Congreso "Camelia e Paisaxismo" no Pazo de Rubianes. Neste sentido, o catedrático do Research Institute of Subtropical Forestry de Zhejiang explicou que en Galicia se atopan as camelias máis grandes, plantas que superan as existentes en China, onde se contan 300 exemplares de máis de 200 anos.

Presente no simposio especializado en camelia que se desenvolve ata mañá na provincia, o especialista indicou así mesmo o interese por colaborar coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro no estudo de híbridos de camelia que florecen durante todo o ano. Cabe sinalar que Gao Yiyin é un recoñecido especialista, a nivel mundial, polas súas investigacións sobre a especie chinesa Camelia changii, unha das últimas especies localizadas cunha floración estival moi longa. De feito, trátase dunha variedade da que o experto logrou máis de 250 híbridos coa intención de obter camelias en flor durante todo o ano.

O catedrático, que dedicou máis de 50 anos ao estudo da camelia, traballou no  Instituto de Investigación de Silvicultura Subtropical e, despois de retirarse en 2005, dedicouse ao cultivo da camelia na entidade Palm Landscape Architecture. Os seus logros son destacados en distintos ámbitos, como a produción de aceite, a colección de especies e cultivares ou o cultivo de novas variedades de camelia.

Un simposio internacional

Identificada como a flor da provincia de Pontevedra e de Galicia, gozar da cor da camelia é un dos atractivos turísticos que ofrece a rexión, tanto para visitantes nacionais como internacionais. Neste sentido, desde a Estación Fitopatológica de Areeiro deuse a coñecer o estudo de variedades desta especie que florezan todo o ano. Trataríase dun importante avance, ligado tamén á desestacionalización turística.

As novidades respecto desta posibilidade serán presentadas no marco do congreso "Camelia e Paisaxismo". Xunto aos expertos internacionais chegados do país asiático, danse cita outros especialistas de Portugal ou Francia. Neste último caso, impulsarase ademais un encontro específico dos municipios pontevedreses co responsable de paisajismo da cidade de Nantes, coñecida como a "cidade verde" de Francia.

Coa intención de avanzar no coñecemento e pór en valor a camelia como flor identificativa de Pontevedra, o simposio "Camelia e Paisaxismo" cita a destacados relatores. Así, as encargadas de inaugurar as xornadas son a técnico da Deputación de Pontevedra na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero, e a tamén técnico na Estación Fitopatolóxica do Areeiro Pilar Vela. Centrarán os seus relatorios nas especies de camelia máis comúns en Galicia. A continuación, intervirá Gao Yiyin para abordar a taxonomía do xénero Camellia e especies presentes en China. A profesora de Paisaxismo na Universidade de Lisboa Cristina Castel Branco tomará a substitución para explicar como levaba a cabo o rexistro de camelias no século XVI en Portugal. A xornada inicial prevé, finalmente, a participación do director do Service Espaces Verts et Environnement (SEVE) de Nantes, Xaques Soignon, quen aludirá á relación entre camelia e urbanismo na cidade gala.

Os mencionados avances relativos á floración continua da camelia abren estas xornadas mañá, da man de Gao Yiyin. A continuación, o presidente da Asociación de Empresarios Viveristas do Noroeste (Asvinor) e xerente de Viveiros Rio Tollo, José Collazo, centrará a súa intervención na situación dos viveiros en España e Europa. Tras el, a directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, Isabel Aguirre, disertará sobre a relación entre a camelia e os xardíns dos palacios.

 

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124