Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Portamérica: fusión perfecta de música e cociña nunha carballeira máxica - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Portamérica: fusión perfecta de música e cociña nunha carballeira máxica

O festival de Caldas de Reis supérase na súa próxima edición, do 5 ao 7 de xullo, con 32 artistas e bandas sobre o escenario e trinta chefs no ShowRocking

29/05/2018

Conta atrás para o festival Portamérica, unha fusión perfecta entre ritmo e música que volve ao grande entre o 5 e o 7 de xullo á carballeira de Caldas de Reis con 32 artistas e bandas e un novo reforzo na súa aposta gastronómica. Xoel López, Vetusta Morla, Imelda May e Izal encabezarán o cartel sobre os escenarios, mentres que no ShowRocking participarán 30 chefs de recoñecido prestixio, cunha ampla representación galega. Andoni Luis Aduriz, Javier Olleros, Maca de Castro, Diego Guerrero e Lucía Freitas son algúns dos mestres e mestras dos fogóns que, con Pepe  Solla ao mando, cociñarán para o público durante este gran festival que forma parte do circuíto Rías Baixas Fest.

Festival Portamérica en Caldas de Reis
Caldas de Reis

A posta de longo de Portamérica tivo lugar esta mañá no Pazo provincial, sede da Deputación de Pontevedra. “Hoxe presentamos un evento que ten o obxectivo de facernos felices. Coa mellor música, unha gastronomía incrible e un turismo de excelencia”, explicou a presidenta da institución, Carmela Silva, anfitrioa do acto e a quen acompañaron o alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; responsables de Esmerarte Industrias Creativas, empresa organizadora de Portamérica; representantes da Guía Repsol e Estrella Galicia (dúas das entidades patrocinadoras) e Pepe Solla.

Andoni Luis Aduriz (Mugaritz), Pepe Solla, Javier Olleros e 27 chefs máis cociñarán para o público, e o cartel musical estará encabezado por Xoel, Vetusta Morla e Imelda May

O recoñecido chef resaltou que esta edición “dá un gran salto cualitativo” no espazo dedicado á oferta culinaria e lembrou que a excelencia gastronómica de Portamérica xa foi galardoada con dous Premios Fest á mellor oferta neste ámbito. O ShowRocking Guía Repsol 2018 fará gozar os e as asistentes con petiscos únicos creados especialmente para o festival de Caldas de Reis. Os chefs traballarán man a man con estudantes de escolas de hostalería galegas, que vivirán unha oportunidade única de aprender xunto a grandes figuras.

Quin Martínez, director de Portamérica, adiantou na súa intervención que se desenvolverá unha edición do festival alén do Atlántico e subliñou o seu compromiso coa igualdade. O evento contará este ano cun novo espazo de reflexión e diálogo no que se mostrarán proxectos musicais capitaneados por mulleres e se desenvolverán debates e mesas redondas.

A viaxe de recoñecidos chefs desde os seus restaurantes a ambos os lados do océano Atlántico cara á carballeira de Caldas quedará reflectida nun documental 

O responsable da organización anunciou que se celebrará unha edición do festival alén do Atlántico, mentres que o subdirector, Carlos Rodríguez, explicou que se gravará un documental, dirixido por Alberto Baamonde, no que recoñecidos chefs de ambas as beiras do océano se dirixen a Galicia para cociñar en directo no ShowRocking de Portamérica, un evento único no mundo porque se desenvolve nun festival de música no que os cociñeiros están ao nivel do resto de artistas.

O equipo responsable da premiada Cociñando na fin do mundo seguirá o traxecto de varios deses chefs, comezando a rodaxe nas súas respectivas cidades e restaurantes ata o encontro cos seus colegas no festival, rexistrando a súa chegada a un territorio máxico. Ademais, desenvolveranse xornadas de reflexión sobre a evolución da gastronomía cun formato baseado en mesas de opinión e debates a cargo de grandes nomes da cociña.

Carmela Silva: “Damos a saída a unha espléndida gastronomía, á mellor música e ao turismo de excelencia; vaian todos e todas a Portamérica este verán”

O alcalde de Caldas de Reis destacou que a presentación de Portamérica é “o día máis feliz do ano” e resaltou a repercusión turística e o retorno económico que o festival ten para o municipio. A presidenta da Deputación eloxiou ao respecto os espazos naturais e o termalismo como dous grandes atractivos da localidade á beira do Umia. “Caldas forma parte deste paraíso que é a provincia de Pontevedra, co mellor produto, unha luz que namora e a maxia da pedra”, proclamou Carmela Silva.

O director de Agadic, Jacobo Sutil, explicou que “festivais coma Portamérica son moito máis que eventos culturais, porque transmiten valores sociais e contribúen á promoción turística”. Pola súa banda, Víctor Mantiñán, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, definiu o acontecemento como “un abrazo entre Galicia e América e unha tormenta perfecta inigualable entre música e gastronomía“.

A Guía Repsol súmase este ano ao ShowRocking. “A nosa é unha alianza natural. Tiñamos que estar en Portamérica, un festival que combina gastronomía, música, natureza e estrada”, destacou María Ritter, directora desta publicación de referencia. Os e as 30 chefs que cociñarán na carballeira de Caldas de Reis suman 30 Soles Repsol.

Caldas de Reis
Fervenza de Segade en Caldas de Reis

Entradas, acampada e autobuses

Entradas, acampada e autobuses

As entradas están á venda na web de Portamérica, e tamén poden realizarse as reservas para a zona de acampada, neste caso a través de Ticketea. Ademais, activarase un servizo de autobuses gratuítos con percorrido de ida e volta en distintos horarios desde Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela, Noia, Ribeira, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Portonovo, Cambados, Bueu e Cangas.

Sustentabilidade

A sustentabilidade volverá ser un dos eixos de Portamérica. O vídeo de presentación do festival é unha peza audiovisual que pon o foco na importancia daeducación en materia de prevención e conciencia ambiental.

Ademais, este ano, por mor da devastadora vaga deincendios que arrasou Galicia en outono, especialmente a provincia de Pontevedra, a organización puxo en marcha a iniciativa 1 entrada, 1 árbore: unha xornada de reforestación con especies autóctonas que se desenvolverá unha vez finalice o festival nun monte do municipio. Nela cada asistente poderá plantar o seu propio exemplar.

“Hoxe damos a saída a unha espléndida gastronomía, á mellor música e a un turismo de excelencia: vaian todos e todas a Portamérica este verán”, apostilou a presidenta da Deputación.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124