Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia Presentación de los Rías Baixas Fest 2021 Deputación PortAmérica Sinsal Revenidas Vive Nigrán, SonRías Atlantic O Marisquiño - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Os Rías Baixas Fest reforzan a súa aposta para seguir a promover “a riqueza” da provincia baixo os parámetros da sostibilidade e a igualdade

Carmela Silva: “Agradezo aos promotores e promotoras o esforzo por reinventarvos e darnos alegría"”

30/06/2021

Adaptados á nova normalidade, pero sen perder a súa esencia de promover os valores paisaxísticos, gastronómicos e culturais do destino Pontevedra provincia e reforzando o seu compromiso coa igualdade e a sostibilidade, volven os Rías Baixas Fest, os sete eventos musicais máis destacados do panorama galego unidos baixo a marca provincial da Deputación de Pontevedra. A presidenta Carmela Silva presentou a nova edición arroupada polos seus promotores e as súas promotoras, así como por representantes dos concellos onde se celebran, nun acto baixo o magnolio dos xardíns do Pazo Provincial, onde brillou a música en directo a cargo da intérprete de Leticia Rey, acompañada á guitarra por Iago Fernández. . 

“Grazas pola vosa valentía, por darnos alegría, por ser capaces de sufrir sen rendervos e por manter vivos estes festivais tan pegados ao territorio que nos fan tan especiais, diferentes e únicos/as –destacou Carmela Silva-. Fostes capaces de reinventarvos, ás veces poñendo en perigo ás vosas empresas, a vosa vida, e a xente ten que sabelo. Porque o que non se podía consentir era que se perdera esta riqueza, porque é unha riqueza desta provincia, e o fixestes co voso esforzo, co voso traballo, ánimo e optimismo cando era difícil ser optimista. Creo que iso dá tamén esa imaxe e ese relato de que estes festivais son fortes e capaces de manterse nas dificultades”.

Traxectoria da marca

A presidenta subliñou que tras un 2020 “horrible”, este 2021 “será mellor, aínda que un pouco complexo, pero comezamos a ver luz e vai poder haber música en vivo, que vós precisades e a sociedade necesita moito”. No acto proxectouse o vídeo da cantante Woyza que forma parte da campaña turística deste 2021 da Deputación, “É o teu momento”. 

Carmela Silva enxalzou a traxectoria da marca Rías Baixas Fest, nacida dunha proposta do sector da industria musicial da provincia, "que desde hai cinco anos nos deu forza e nos permitiu construír un relato común" en torno ao territorio, á cultura, á gastronomía, á economía circular e de proximidade, e cunha "fonda aposta pola sostibilidade e a igualdade".

A presidenta subliñou a necesidade de aproveitar os recursos que chegarán dos fondos europeos para seguir a converter estes festivais "nunha referencia". "Os Fest Galicia naceron despois de que se consolidara esta idea - sinalou-. E paréceme interesante que as ideas que nacen nun lugar poidan adquirir máis corpo e converterse nalgo máis global".

Calendario

O calendario dos festivais abranguerá desde xullo a setembro e arrancará co Atlantic Fest de Vilagarcía, que se celebrará do 12 ao 24 de xullo, para continuar logo co Vive Nigrán, que terá lugar do 15 ao 17 de xullo, o Festival Sinsal de Redondela (23 ao 25 de xullo), o SonRías Baixas de Bueu (3 ao 8 de agosto), o Marisquiño de Vigo (6 ao 8 de agosto) e o Festival Revenidas de Vilaxoán (9 ao 12 de setembro). Está pendente de data o Festival Portamérica de Caldas de Reis. A presidenta provincial subliñou tamén “a creatividade” amosada polos e polas produtoras dos festivais, “porque a sorpresa é marabillosa nestes festivais”.

Tanto Raquel Seijo, representante do Vive Nigrán, como Carlos Rodríguez, de PortAmérica, lembraron que este 2021 vai seguir sendo un ano difícil, “non o que nos gustaría que fose”. Pero, como engadiu Seijo, “é outra vez un reto para adaptarnos e enfocar novas vías de traballo, non só a parte musical”. “No Vive Nigrán –dixo-, temos diferentes facetas, como Vive Sostible o Vive Patrimonio, que cremos que completarán a oferta. E todos e todas estamos a facer un esforzo extra outro ano máis para adaptarnos á situación e aportar un valor engadido aos nosos festivais, que sen dúbida o teñen. Queremos xerar unha imaxe que poña en valor a contorna na que se desenvolven, que é fundamental, todo o que temos nas Rías Baixas de patrimonio, cultura, natureza e que nos diferencia”.

A promotora, presidenta da Asociación de Festivais de Galicia, tamén aproveitou para sinalar que desde este colectivo se está tamén a facer un esforzo en sostibilidade e igualdade, “e en chegar a acordos e unificar criterios para levar aos nosos festivais a un grao superior, máis involucrado e profesional; porque cremos que é fundamental como escaparate que somos”.

Carlos Rodríguez, adiantou que a organización do PortAmérica está a traballar “para facer un festival parecido” ás anteriores edicións, “o máis placentero para o público”, tendo en conta a complicada situación para desenvolver este evento, que “normalmente vive a experiencia de xuntar gastronomía e música”. “Si estamos a traballar –apuntou- para que a de 2022 sexa unha edición máis parecida ao normal e ao que o público se merece”.

 

Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124