Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia Presentación del catálogo y vídeo de Camiño Adentro - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

"Camiño A Dentro" completa a súa posta en valor do Camiño Portugués coa presentación dun catálogo e un audiovisual con todas as accións artísticas

A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, salienta que o proxecto "promocionou a ruta xacobea e o talento das mulleres artistas, e acadou un gran impacto social, nos medios e nas redes sociais"

13/02/2020

O proxecto "Camiño a dentro", promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa "O teu Xacobeo", pechouse esta mañá no Palacete de las Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, coa presentación dun catálogo e un vídeo-resumo de todas as accións enmarcadas nesta iniciativa.

"Camiño A Dentro" é un proxecto de posta en valor do Camiño Portugués na provincia de Pontevedra e do Camiño Portugués da Costa. Entre o 3 e o 25 de outubro pasados trece artistas, todas elas mulleres, realizaron accións en dez concellos para promocionar o Camiño. "Foi un proxecto dinámico, creativo e participativo que acadou os obxectivos de divulgar o noso patrimonio, dar a coñecer o traballo e o talento das mulleres, interactuar coa veciñanza, implicar aos colectivos sociais e culturais dos concellos e xerar un diálogo coas peregrinas e peregrinos", salientou a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, durante a presentación do catálogo e o vídeo.


A deputada agradeceu o seu traballo a todas as artistas que participaron no proxecto, ao alumnado de Belas Artes da Universidade de Vigo e do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior (que colaboraron na iniciativa) e á comisaria do proxecto, Paula Cabaleiro. As artistas participantes son Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, Marta Figueiredo e Sabela Caridad (ambas integrantes de Dúas), Noelia Blanco, Celina Fernández e Pia Nicoletti (as tres integrantes de Inherente Teatro), María Meijide, Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. "Todas elas son grandes artistas recoñecidas que evocaron o Camiño a través de distintas expresións e linguaxes", subliñou Ana Laura Iglesias.

Ademais, a deputada fixo extensivo o seu agradecemento á Xunta de Galicia. "O proxecto "Camiño A Dentro" é a demostración palpable dos bos resultados que pode ter a colaboración institucional, neste caso cun proxecto que actúa de xeito transversal entre o patrimonio, a igualdade, a arte contemporánea e a participación pública", indicou.

belendevalga3
belendevalga4


O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, destacou que o proxecto "teceu redes no territorio, implicando a alcaldes e a alcaldesas, e a entidades do ámbito educativo e sociocultural". Ademais cualificou de "moi completo" o programa de "Camiño A Dentro" e explicou que as diferentes accións artísticas supuxeron "un estimulo cultural que acadou a implicación da cidadanía da provincia de Pontevedra". O director xeral tamén agradeceu á Deputación de Pontevedra a súa colaboración institucional para levar adiante este proxecto.

Entre os e as asistentes ao acto estaban o alcalde de Nigrán, Juan González; o rexedor de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; varias das artistas participantes en "Camiño A Dentro", e alumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

A comisaria, Paula Cabaleiro, manifestou que "foi un proxecto fermoso" e engadiu que, á hora de abordalo, tivo en consideración varios factores. Así, citou que quixo "incluír a artistas de distintas disciplinas que coas súas creacións puidesen poñer en valor o Camiño, que fixeran un traballo moi vencellado ao territorio, que lograsen unha interacción coa cidadanía, e que puxesen en valor a creación artística contemporánea a través da danza, a música, a fotografía, o teatro e outras expresións".

 


Catálogo e vídeo

Do catálogo de "Camiño A Dentro" imprimíronse 500 exemplares que se distribuirán entre os concellos participantes, as oficinas de turismo dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago na provincia de Pontevedra e os colectivos relacionados coas rutas xacobeas que o soliciten. Ademais estará dispoñible nas oficinas de Turismo Rías Baixas. No volume recóllese a traxectoria das artistas e tamén explícanse con detalle cada un dos proxectos que se desenvolveron dentro de Camiño A Dentro, ilustrados con fotografías das accións. O vídeo resumo está xa publicado no canal de You Tube de Turismo Rías Baixas.

Impacto mediático

Desde a súa presentación ata a última acción artística "Camiño A Dentro" tivo un importante eco social, acadando unha ampla difusión pública tanto nos concellos nos que se organizaron as accións como no resto da provincia. Ademais tivo un gran seguimento tanto na prensa escrita e dixital galega como nas redes sociais.

 

belendevalga3
belendevalga4


Así, publicáronse 50 noticias en prensa dixital, desde medios xeralistas ata blogs, e 35 en prensa escrita. Nas redes sociais publicáronse 400 tuits e posts entre Twitter, Facebook e Instagram. Implicáronse nas súas contas as artistas, a comisaria, alcaldes e alcaldesas, a presidenta da Deputación, o director xeral de Políticas Culturais, medios de comunicación e colectivos de amigos do Camiño de Santiago, entre outros moitos e moitas usuarias. Os canais da Deputación e Turismo Rías Baixas deron cobertura a todas as accións e publicaron vídeos en directo. Logrouse o impacto en vivo durante todas e cada unha das accións, e o impacto social a través dos medios de comunicación e as redes.

"Sumáronse moitas sinerxías e vontades no proxecto "Camiño A Dentro" e vense os resultados da cooperación e a participación. Sigamos redescubrindo, interpretando e vivindo o Camiño", concluíu a deputada de Turismo.

 

 

 

Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124