Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Presumido: ecos máxicos en Vigo, a capital do deporte urbano - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Presumido: ecos máxicos en Vigo, a capital do deporte urbano

O Festival O Marisquiño, onde os mellores “riders” do mundo compiten en espectaculares probas extremas, é a nova parada das Sesións Rías Baixas

25/05/2018

Atardece na baía de Vigo e a vibrante cidade portuaria parece quedar en calma. A melodía de Presumido, grupo galego de música electrónica, enche a atmosfera de reverberacións máxicas na seguinte parada das Sesións Rías Baixas, un formato de Flooxer en colaboración con Turismo Rías Baixas que esta semana fai escala en O Marisquiño, festival de deporte e cultura urbana que pisa forte no panorama internacional e forma parte do circuíto Rías Baixas Fest.

Presumido, Sesiones Ligeras Rías Baixas
Festival O Marisquiño en Vigo

O son onírico de Presumido, cos grandes guindastres portuarios como paisaxe de fondo, é o contrapunto ao puxante pulso desta cidade que entre o 10 e o 12 de agosto volverá reunir aos mellores “riders” do mundo nun evento que atrae xa a máis de 160.000 persoas. Dúas probas de copa mundial de Skateboarding, unha de FMB Dirt Jump e competicións doutras disciplinas como MTB Downtown, BMX, Flatland ou Motocrós toman a zona central do porto, onde tamén se celebra o campionato de break dance, concertos, exhibicións de graffiti e torneo de basket 3x3. Un paraíso para os amantes do deporte extremo e a cultura urbana.

Vigo loce con orgullo as súas costas, que deparan un dos grandes espectáculos de O Marisquiño, a vertixinosa baixada MTB desde O Castro, –o céntrico monte custodiado por unha fortaleza que domina a ría de Vigo–, ata o porto a través das sinuosas rúas do centro histórico.

O barrio histórico bole coa súa oferta hostaleira, O Castro ofrece fabulosas vistas á ría e as Illas Cíes foron bautizadas como o “caribe europeo” polas súas praias paradisíacas

A antiga vila mariñeira do século XVIII converteuse na maior urbe de Galicia. O seu centro histórico, restaurado nos últimos anos e cunha ampla e apetitosa oferta hostaleira, debuxa calquera fin de semana unha perfecta radiografía do dinamismo e a puxanza de Vigo. As ostreiras preparan no momento este manxar ao natural para servir a vigueses e visitantes, e os locais serven saborosos petiscos, peixes, mariscos, albariño e outros produtos con materia prima das Rías Baixas. A praza da Constitución ou o Náutico son lugares perfectos para tomar un descanso e gozar do ambiente da cidade.

O centro urbano loce nobres edificios de diferentes escolas arquitectónicas desde o século XIX ata hoxe, unha ampla oferta cultural e belos miradoiros á ría de Vigo. A fortaleza do Castro é lugar de visita obrigada, e para gozar dun oasis no medio da cidade resulta moi recomendable un paseo polo parque de Castrelos, de gran riqueza botánica e cun fermoso pazo do século XVII como aceno de identidade.

Mirador de Vigo
Pazo de Castrelos en Vigo

Samil é a gran praia de Vigo, con equipamentos deportivos e de lecer, un paseo marítimo desde o que admirar a ría de Vigo, e unha contorna de areais galardoados con bandeira azul pola súa calidade e servizos.

As Illas Cíes emerxen maxestosas custodiando as dúas beiras. A xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas é un paraíso bautizado de forma recorrente pola prensa especializada como o “caribe europeo”. A praia de Rodas, unha lingua de area fina que une dúas das illas do arquipélago, foi considerada polo diario británico The Guardian como a mellor do mundo. Varias navieiras realizan transporte regular e excursións a este lugar idílico.

Illas Cíes
Festival O Marisquiño en Vigo

Samil é o enclave perfecto para observar o atardecer na ría de Vigo mentres Presumido pon a banda sonora á posta de sol cos seus ecos máxicos. En menos de tres meses os mellores “riders” do mundo congregaranse de novo para realizar malabarismos extremos nesta cidade vibrante, que se converterá, un ano máis, na capital europea do deporte urbano.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124