Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Rapa das Bestas y otras cinco fiestas ineludibles en julio en As Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Rapa das Bestas e outras cinco festas ineludibles en xullo nas Rías Baixas

Homenaxes á Lagosta, á Vieira ou ao Carneiro ao Espeto, San Benitiño de Lérez e as Festas de Bouzas completan un mes perfecto de verán na provincia de Pontevedra

27/06/2018

A Festa da Lagosta e a Cociña Mariñeira na Guarda, xunto á da Vieira en Cambados e a do Carneiro ao Espeto en Moraña, deleitarán os padais de todas e todos aqueles que se animen a vivir o mes de xullo nas Rías Baixas. Tamén haberá lugar para as crenzas relixiosas, xa que San Benitiño de Lérez e o Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas serán homenaxeados en Pontevedra e Vigo respectivamente. A estrela principal deste particular menú para vivir un verán memorable na provincia de Pontevedra será a Rapa das Bestas, unha nova cita coa tradición no curro de Sabucedo.

Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada)

Do 5 ao 9 de xullo a pequena parroquia de Sabucedo, na Estrada, converterase un ano máis en lugar de peregrinación para quen están dispostas e dispostos a deixarse seducir pola beleza dunha loita case coreografiada entre a ansia de liberdade dos cabalos e a forza e maña de aloitadoras e aloitadores. As verbenas populares e o Festival Rapasóns, con Davide Salvado, os Festicultores ou o jazz na rúa de La Rúe entre outros, poñerán banda sonora a esta tradición xurdida da ofrenda de dúas irmás a San Lorenzo para evitar que as súas dúas eguas morresen a mans da peste.

Tras unha gala inaugural o xoves, a festa propiamente dita comezará o venres coa saída desde O Celeiro para buscar ás “bestas”, ata xuntar ás “greas” (mandas) para a súa “ baixa” (baixada) cara ao peche do Castelo. O sábado terá lugar a subida ao monte para buscalas e proceder á primeira rapa de crinas de eguas e cabalos no curro, feito que se volverá a repetir o domingo e o luns cun terceiro curro esta vez solidario, xa que se doará a recadación a distintas causas benéficas. Na tarde do día 9 chegará o broche final, coa liberación das mandas de Sabucedo cara ao seu fogar, os montes estradenses.

Rapa das Bestas
Rapa das Bestas en A Estrada

Festa da Lagosta e a Cociña Mariñeira (A Guarda)

O mesmo fin de semana que Sabucedo vivirá a súa festa de interese turístico internacional, A Guarda acollerá a Festa da Lagosta e a Cociña Mariñeira, declarada de interese turístico de Galicia grazas á calidade da súa oferta gastronómica. Con vistas ao mar que nos regala os produtos que logo gozaremos na mesa, os días 6, 7 e 8 de xullo poderemos degustar lagosta a 25 euros, acompañándoa doutras viandas mariñas como percebes, nécoras, camaróns, luras, luriñas e navallas e viño con Denominación de Orixe Rías Baixas.

Co pregón e actuación do recoñecido humorista e actor Nancho Novo darase o pistoletazo de saída o venres a unha festa que, ademais das tradicionais degustacións, completarase con actuacións musicais para todos os gustos, obradoiros infantís de maxia e cociña, inchables acuáticos, unha feira de artesanía e a XXIII Travesía a nado do porto da Guarda. Todo pensado para que persoas maiores e menores gocen ao máximo e vivan un verán inesquecible cheo de risas e diversión.

Festa da Langosta
Castro Santa Trega en A Guarda

Festas de San Benitiño de Lérez (Pontevedra)

(Se vas a San Benitiño,/ non vaias ao de Paredes,/ que hai outro máis milagreiro,/ San Benitiño de Lérez ). Con este canto popular hónrase ao santo con fama de conceder máis milagres, San Benito, que celebra o seu día grande en Pontevedra cada 11 de xullo na igrexa de San Salvador de Lérez, un antigo mosteiro beneditino con elementos barrocos e neoclásicos cuxos orixes se remontan a finais do século IX.

Co fin de curar enfermidades da pel, especialmente verrugas e pústulas, as e os fieis realizan habitualmente dous rituais: untarse co aceite milagroso, bendicido e queimado nunha pota de cobre, e pasar por baixo do altar do santo. Tamén son frecuentes as ofrendas de velas e figuras coa forma da parte do corpo da que se busca sanación, ademais de pasar pola figura do santo un pano que despois se fregará contra as zonas que necesitan da intercesión divina para ser curadas.

Fiestas San Benitiño de Lérez
Fiestas San Benitiño de Lérez

Festa da Vieira (Cambados)

Das augas máis profundas emerxe a vieira, un dos produtos estrela das mesas galegas e a protagonista absoluta da festa que ten lugar todos os anos a mediados de xullo en Cambados. A exaltación deste molusco bivalvo, declarada de interese turístico de Galicia en 2013, congrega a decenas de miles de persoas na carpa do paseo da Calzada, dispostas a gozar coa degustación deste manxar mariño obtido grazas ao bo oficio da xente do mar de Cambados.

A orixe destas xornadas remóntase a 2002, tras a alianza da Confraría de pescadores de Santo Antonio e o concello, servindo na actualidade de antesala a outra festa de interese turístico da localidade, neste caso internacional, a Festa do Albariño, a maridaxe perfecta para este molusco. É ademais frecuente identificar a vieira coas persoas peregrinas que ano a ano asumen o reto de percorrer o Camiño a Santiago, pois xa desde a antigüidade levaban a súa cuncha aos seus países de orixe para demostrar que alcanzaran as terras galegas.

Fiesta da Vieira en Cambados
Cambados

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo)

O barrio vigués de Bouzas conmemora o terceiro domingo de xullo unha traxedia marítima sucedida fai catrocentos anos. Despois de afundirse un barco en augas próximas, as veciñas e veciños decidiron sacar en procesión a imaxe do Santo Cristo e paseala polas rúas coas luminarias da época para que a luz servise de guía aos náufragos que loitaban pola súa vida. Esa mesma luz, reconvertida nun espectacular despregamento de pirotecnia, guía na actualidade ás e os visitantes para gozar desta celebración de gran renome.

A festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, celebrada desde 1861 e declarada de interese turístico de Galicia en 2004, é unha cita imprescindible para toda a familia. Postos de atraccións, música, desfiles de cabezudos, actividades e concursos para todas as idades, competicións, as tradicionais procesións e os clásicos fogos artificiais que enchen de cor a ría de Vigo a noite anterior conforman un plan perfecto para que persoas maiores e pequenas váianse ás súas casas cun gran recordo.

Fiestas de Bouzas, Vigo
Fiestas de Bouzas, Vigo

Festa do Carneiro ao Espeto (Moraña)

Celebrada desde 1969 o último domingo de xullo, a orixe da Festa do Carneiro ao Espeto remóntase aos anos vinte, cando un morañés preparaba comidas campestres nas beiras do río Umia, asando carneiros ao estilo “pampeiro”, tal e como aprendese tras emigrar a Arxentina. Anos despois, o éxito desta iniciativa converteuse nunha tradición en todas as festas da zona e levou ao Concello de Moraña a organizar esta festa gastronómica declarada de interese turístico de Galicia.

Na carballeira de Santa Lucía ásanse os carneiros durante máis de oito horas, colocados en círculos ao redor de brasas obtidas da madeira nobre de carballo. Para degustar o exquisito resultado desta laboriosa preparación é necesario reservar por lotes de vinte persoas, que sentarán a comer nas mesas e bancos distribuídos pola zona o produto estrela xunto a empanada, viño, pan e café. Pero aquelas e aqueles que non logren reunir ese número de comensais poden tamén gozar deste magnífico produto nos restaurantes da localidade.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124