Regalamos 120 ecopacks exclusivos con sementes das Rías Baixas para cultivo en casa
Queres levar para a casa un panaquiño de Pontevedra Provincia que, ademais, é unha obra de arte exclusiva? Turismo Rías Baixas regala 120 ecopacks de edición limitada con bombas de sementes que conteñen herbas de San Xoán, Brisa Atlántica e queiroga.
O prazo de solicitude permanecerá aberto desde o día 15 de decembro ás 09.00 horas ata o 31 como máximo, se ben quedará interrompido no momento no que se esgoten as existencias. Para obter o teu obsequio debes cubrir cos teus datos o formulario que podes atopar aquí cando se abra o prazo de reserva.
Os agasallos outorgaranse aos 120 primeiros solicitantes por rigorosa orde de petición. Turismo Rías Baixas contactará coas persoas agraciadas, que poderán recoller o ecopack na oficina central (Palacete das Mendoza, Pontevedra) ou na sede da Deputación en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17).
Pequeno bosque atlántico
O agasallo, que recibiu unha extraordinaria acollida este ano na nosa presentación da campaña "Sigue o teu instinto" na Feira Mundial do Turismo de Madrid (Fitur), condensa os aromas da natureza dos nosos bosques e levarante ás Rías Baixas cando cultives as sementes. Estas bombas de biodiversidade foron elaboradas segundo o método Nendo Dango, un sistema que as protexe durante longos períodos de tempo. Grazas á arxila e aos fertilizantes naturais que as recubren garántese o éxito do cultivo deste pequeno bosque atlántico.
O envase é natural e reutilizable para minimizar os desperdicios, cunha caixa de madeira fabricada no Centro Juan María de Nigrán, que lles proporciona ás persoas con discapacidade intelectual apoio, formación e oportunidades para a súa inclusión.
Mural artístico
A caixa forma parte, ademais, dun mural efémero composto por 500 unidades. Cada unha delas foi pintada a man polas artistas Doa Oa e Elara Elvira. Ti podes ter unha parte desta obra única.
Non esquezas solicitar o teu ecopack!