Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Tres concertos con artistas actuais para despedirse do Pergamiño Vindel - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Tres concertos con artistas actuais para despedirse do Pergamiño Vindel

Iván Ferreiro ou Pablo Novoa son algúns dos artistas que participarán na despedida do Pergamiño Vindel en Vigo. Antes, poderase gozar doutros dous concertos gratuítos no museo

06/02/2018

Entre as actividades para os escasos últimos trinta días do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, destaca o concerto Primeiro elepé vigués, no que participarán varios artistas galegos de renome no panorama musical nacional. Pero antes, poderase gozar doutros dous concertos gratuítos no mesmo museo, todos eles pertencentes ao ciclo de concertos Homenaxe ás trobadoras e trobadores do século XXI.

Os nosos : Martín Códax e ou seu tempo

O 25 de febreiro está programado un concerto baixo a dirección de Alberto Abal, Os nosos : Martín Códax e ou seu tempo e sobre a obra As sete cantigas de Martín Códax do falecido José Barja Iglesias, compositor e mestre organista. O concerto contará con varios grupos corais e evocará a personaxes da lírica galaico–portuguesa como Mendinho, Johan de Cangas, D. Dinís ou Alfonso X. Está programado para as 12 do mediodía e é gratuíto ata completar aforamento (250 persoas).

As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel

O 2 de marzo, haberá un concerto tamén gratuíto ata completar aforamento (250 persoas) no mesmo museo, ás 19 horas. Neste caso, da man do departamento de Música Antiga do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tratarase dunha interpretación musical das cantigas partindo da información que leva o propio documento. A sesión leva por nome As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel e contará ademais con introducións explicativas.

Outra das súas características vén dada porque se utilizarán instrumentos da música medieval galega. Os artistas serán Esperanza Mara, voz; Sara Ruíz, fídula; Rebeca Carrera, zanfona; Rafael Muñoz, oud e Carlos Castro, percusión e salterio.

O primeiro elepé vigués

Fai referencia ás cantigas do devandito pergamiño como primeiro disco da historia da cidade galega. Unha especie de unión entre os trobadores de outrora e os trobadores actuais e entre os que se contará con artistas galegos de varias xeracións.

A compositora e cantante Lydia Botana será a presentadora. Entre os músicos de La Movida, cóntase coa presenza de Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza e Víctor Aparicio. Representando aos noventa, aparecen músicos da talla de Iván e Amaro Ferreiro, a violonchelista Rosa Cedrón e a gaiteira Susana Seivane. Eladio Santos, revisionista da canción popular galega e do pop internacional, será o representante da xeración do XXI, xunto con Patricia Moon, a cantante de soul Wöyza e Lucía Martínez, baixista de Agoraphobia.

O concerto será o 3 de marzo ás 21 horas, un día antes da finalización da exposición do pergamiño en Vigo. O lugar, o Teatro AFundación de Vigo, e a diferenza dos anteriores terá un custo de 5 euros.

A exposición finalizará o 4 de marzo para volver a The Morgan Library & Museum de Nova York. Ata a data conta con máis de 35.000 visitas. Entre outras actividades destacan os VindeTapas e os "Xoves de Vindel " ou as pasadas travesías pola ría de Vigo, VindeVídeos e Vindecines, talleres de Scriptorium en Redondela  para dar a coñecer o laborioso traballo da escritura en pergamiños, o Vermú de Vindel , que eran encontros entre escritores, libreiros e público para debater sobre diferentes temas ao redor da literatura medieval ou sesións na illa de San Simón.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124