Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Tres DepoRutas para estirar as pernas na mountain bike - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Tres DepoRutas para estirar as pernas na "mountain bike"

Ofertaranse 300 prazas gratuítas para cada percorrido, o primeiro en Sabucedo, o 17 de xuño

27/03/2018
Presentación DepoRutas BTT

O deporte e o turismo sustentable son dous das grandes apostas da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas un ano máis. As DepoRutas BTT, que permiten coñecer o medio natural en "mountain bike", regresan esta tempada e a oferta pasa de dúas a tres: o 17 de xuño en Sabucedo (A Estrada), o 2 de setembro entre Caldas de Reis, Portas e Barro; e o 30 do mesmo mes nos montes de Vigo.

Para cada DepoRuta hai dispoñibles 300 prazas gratuítas, a idade mínima de inscrición é de 14 anos e o prazo abrirase o 14 de maio. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou esta mañá a iniciativa xunto a alcaldes e comunidades de montes dos municipios que atravesarán as e os participantes. "Apostamos polo deporte, a saúde e un modelo de turismo sustentable", apuntou Silva, e lembrou que o ano pasado esgotáronse as prazas en 24 horas.

En Sabucedo pasa polos montes onde pacen os cabalos salvaxes, e en setembro retómase o programa cunha saída Caldas de Reis-Portas-Barro, e outra por Vigo

O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, destaca que as DepoRutas BTT "permiten poñer en valor todo o noso patrimonio natural e histórico", mentres que o primeiro edil de Barro, José Manuel Abraldes, resalta que o deporte é unha boa forma de descubrir o municipio. O tenente de alcalde de Vigo e deputado David Regades explica pola súa banda que as rutas "incentivan o deporte e o respecto ao monte, que é bo encher de contido despois da vaga de incendios do pasado outubro".

Apoio á Epic Race

O acto incluíu tamén a promoción da Epic Race Pontevedra, que apoia a Deputación de Pontevedra. A proba terá lugar os días 6, 7 e 8 de abril, consta de 550 quilómetros divididos en oito etapas, e por primeira vez toca Portugal, en concreto Valença do Minho. As e os participantes poden facer o percorrido en solitario, e en equipos de dous, tres ou catro; e a proba non se detén. Existe unha opción menos esixente, a Half Epic Race, coa metade de itinerario. "É unha competición que ofrece paixón, diversión, emoción e sufrimento", replicou o director da organización, Víctor Cimadevila.

Contámosvos máis aquí sobre as tres DepoRutas BTT:

Sabucedo (17 de xuño)

Dificultade: media

Percorrido: circular

Punto de saída: curro de Sabucedo.

A ruta arrinca nun marco espectacular, o curro de Rapa das Bestas. Discorre pola zona norte de Sabucedo  alternando treitos de dificultade baixa con outros máis técnicos de subida e baixada. A partir do segundo terzo enlazaranse diferentes núcleos da Estrada (Vilanova, Portela, O Coto, Xubrei, Codeseda…), gozando as e os participantes ao seu paso de elementos de enorme valor cultural.

Caldas de Reis-Portas-Barro (2 de setembro)

Dificultade: media

Distancia: 25 quilómetros

Percorrido: circular

Punto de saída: carballeira de Caldas

Desde a céntrica carballeira a ruta segue cara á contorna da fervenza de Segade. A partir de aí toma dirección sur ata o parque da natureza do río Barosa, achegándose despois a Barro. Finalmente regresará ao momento de inicio.

Vigo (30 de setembro)

Dificultade: alta

Distancia: 40 quilómetros

Percorrido: circular

Saída: parque forestal do Vixiador (Candeán)

A ruta discorre pola parroquia viguesa de Candeán, pasando por outras como Cabral, Lavadores ou Teis. Segue parte do percorrido da ruta da Auga, que ofrece unhas magníficas vistas sobre a ría de Vigo, Rande e San Simón.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124