Tres festas de interese turístico para comezar abril en Rías Baixas
Acaban de terminar as festas de Semana Santa e o calendario establece outras tres Festas de Interese Turístico, para este fin de semana na provincia de Pontevedra en el mapa de fiestas de Galicia.
Festas de San Telmo en Tui
Para quen non poida esperar ata o fin de semana, Tui continúa realizando actividades durante estes días. É o caso das actuacións no Teatro Municipal baixo o programa da X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. Xoves 5, ás 21 horas.
O venres 6, a música animará a noite a partir das 22.15 no paseo da Corredoira, para posteriormente dar paso ao grupo Broken Peach.
Entre o máis destacado do sábado atópase a Andaina Saudable de San Telmo. Trátase dunha actividade que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables que organiza a Eurocidade Tui-Valença. A mesma comezará a partir das 10 da mañá desde o palco da Música do paseo da Corredoira. O percorrido é de 8 km e de dificultade baixa. As persoas participantes pódense inscribir a través do Club Andatui Rego da Pedra.
Pola tarde será a quenda da concentración de coches clásicos na III Clásica Manuel Alfaro, a partir das 17 horas. Dúas horas despois, os tradicionais xigantes e cabezudos desfilarán polas rúas da vila.
O domingo 8, ás 13 horas terá lugar o Desfile Exaltación do Traxe Tradicional desde a praza de San Fernando. E pola noite, novamente no paseo ds Corredoira, o público poderá gozar do musical a Idade de Ouro do Pop Español.
Actos litúrxicos, música e verbena continuarán o luns 9, marcando o fin dos actos a solemne procesión de San Telmo, a partir das 21 horas e os fogos artificiais, ás 23:30 h.
XX Encontro-Degustación Millo Curvo en Bueu
Esta festa gastronómica de Bueu dará comezo o venres 6, ás 18 horas cunha muiñada nos muíños do Canudo, e unha queimada popular, ás 22 h.
O sábado 7 traeranos un paseo ambiental didáctico para dar a coñecer as árbores e plantas da zona (12 h).
Xa pola tarde, ás 16 horas terá lugar un taller de encaixe de pinza e outro de elaboración de crema de caléndula e hipérico (17 h). Tamén destaca a charla sobre "Morcegos do Morrazo" que se impartirá ás 18 horas polo técnico en recursos naturais David Álvarez.
As charlas continuarán o domingo. Primeiro una sobre Álvaro Cunqueiro, "Millo e cultura do viño" (12 h) e outra pola tarde sobre "O millo como eixo da cultura mesoamericana",
ás 18 h.
En canto aos talleres, destacan os culinarios. Un dedicado á Elaboración do Zume Verde de Plantas Silvestres (13 h), outro sobre O Millo Corvo e o Requeixo, ás 16 h, e unha hora despois outro sobre a Elaboración de Torta de Queixo de Cabra con Millo Corvo.
Entre outras actividades, destaca a apertura dunha Ecotaberna para venda e exposición de produtos naturais e orgánicos e as diversas actuacións musicais que amenizarán o ambiente.
A teatralización da esperada reconquista da Vila de Vigo será o domingo, ás 18 horas
Festa da Reconquista en Vigo
Aínda que, o festivo oficial é o 28 de marzo, ao coincidir con Semana Santa a celebración trasladouse ao 7 e 8 de abril.
Desde primeira hora do sábado, as rúas do Centro Histórico de Vigo e O Berbés gozarán do tradicional mercado, con artesanías e gastronomía principalmente.
Ás 11 da mañá, O Berbés gozará dunha demostración de esgrima. E ás 17 no mesmo barrio, un contacontos.
Mentres, no Centro Histórico , gozaremos de xogos tradicionais (12 h), unha charla de "O traxe popular galego" (12.15 h), e un espectáculo de maxia (19 h).
Xa o domingo, a mañá comezará no Berbés cunha demostración de decenas de oficios artesanais (10.30 h). Case á mesma hora (11 h), poderase asistir ao taller de Creación de Brinquedos (xoguetes). E ás 12 h, producirase a teatralización da chegada de tropas francesas. Primeiro coa toma do mercado polo Exército Francés, e posteriormente, ás 18 h representarase a esperada Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol.
Durante todo o fin de semana haberá outras actividades nos mesmos barrios como música na rúa e outras actuacións lixeiras.