Visitas nocturnas a Tui

A cidade galega de Tui, ao sur de Pontevedra, ofrece novos horarios para as súas visitas guiadas e gratuítas polas zonas e edificacións antigas da cidade. A partir de outubro os días en que teñen lugar son os venres, sábados e domingos con saída nocturna a partir das 20:15 horas da noite. O punto de partida inicial será a Praza da Inmaculada.
Estas visitas realizarán un traxecto polo Barrio Xudeu da cidade. Ademais, programáronse outro catro visitas temáticas, dúas delas para os días da ponte de outubro. En concreto os días 11 e 12. Posteriormente realizaranse as outras dúas o 30 e 31 do mesmo mes.
As visitas especiais, que terán lugar á mesma hora que as do fin de semana, levarannos a diferentes partes da vila. A do mércores 11 de outubro, será sobre o Burgo Premedieval, a do xoves 12, sobre a Cidade Medieval, a do luns 30 do mesmo mes ten como tema os Sambenitos Inquisitoriais, na que se mostrarán pezas únicas en Europa das súas características, e que se recollen no Museo Diocesano. A última do martes 31, levaranos e falará sobre os Cárceres e a Inquisición de Tui.
Ademais das visitas nocturnas do fin de semana, programáronse visitas temáticas por diferentes puntos do conxunto histórico
Todas as visitas terán unha duración de ao redor dunha hora e levarán a cabo mentres non chova e cúbrase o mínimo de persoas asistentes. Para máis información sobre elas, pódese consultar nos puntos de información turísticos locais.
O obxectivo é dar a coñecer a toda a veciñanza sobre o patrimonio histórico da súa cidade, ademais de ser un aliciente para todas as e os turistas que poidan achegarse a este enclave fronteirizo con Portugal. Iniciadas na época estival pola Concellería de Turismo local, participaron das visitas máis de 2.600 persoas nos seus percorridos de luns a venres. Durante o mes de novembro espérase que se cren novos percorridos temáticos.
Unha actividade turística e cultural que se suma a outras xa programadas en Tui, das que destacamos as diferentes obras teatrais baixo o plan de Outono no teatro, iniciándose o día 6 con Planeta Ardora de Trompicallo, compañía con 20 anos de experiencia. A obra realizarase no Teatro Municipal ás 20 horas, e está aberta a un público familiar. O venres 20 é a quenda da obra Chola a It Girl, e continuarán os espectáculos con Aire de María Fumaça o día 21. Outros cinco espectáculos están programados para novembro e decembro.
Ademais, o domingo 7 de outubro sobre as 17:45 horas, Tui acolle aos coches que participan no XI Rally Cidade de Vigo. Vehículos de máis de 25 anos de entre 1945 e 1974, entre os que se atopan Porsches como o 911 ou o 356, Austin Cooper S e outros coches clásicos.