Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia visitas guiadas y caracterizadas camelias Castillo de Soutomaior - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Volven as visitas guiadas ao xardín de camelias do Castelo de Soutomaior

María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel guiarán as rutas caracterizadas os domingos de febreiro e marzo

24/01/2022

A Deputación de Pontevedra volve pór en marcha un ano máis, coincidindo coa etapa de floración da camelia, as súas visitas guiadas e as caracterizadas polo xardín de excelencia internacional do Castelo de Soutomaior. Ofertaranse un total de 42 rutas entre os meses de febreiro e de marzo e as entradas saen hoxe á venda. Pódense adquirir desde a páxina web do Castelo ao prezo de 3 € ou 8 €, segundo a modalidade.

Carmela Silva asegurou que, con esta actividade, a Deputación segue a apostar “por produtos turísticos que nos diferencian, que son de enorme calidade e que atraen moitísima xente. De feito, estas visitas sempre esgotan as súas prazas en moi pouco tempo porque teñen unha grande aceptación”. A presidenta tamén sinalou o “salto cualitativo” que está a ter a Ruta da Camelia do Castelo de Soutomaior, aproveitando a emisión “onte dunha reportaxe sobre ela nunha canle televisiva estatal con centos de milleiros de seguidores e seguidoras” para salientar que “xa temos presenza nos grandes medios audiovisuais do Estado español”.

A primeira actividade de camelias serán as visitas guiadas, que se levan organizando por cuarto ano consecutivo, ofrecidas por persoal especializado. A Deputación organiza 18 sesións todos os martes e xoves ás 16:30 horas, desde o martes 1 de febreiro ata o xoves 31 de marzo. Estas visitas, nas que poden participar un máximo de 20 persoas (a capacidade adaptarase, de ser necesario, en función da evolución da pandemia), teñen un prezo de 3 €.

Ademais, volven as visitas caracterizadas que se suspenderon en 2020 e 2021 por mor da situación sociosanitaria. Serán, de novo, actrices caracterizadas como as personaxes históricas María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel quen realizarán o percorrido a través dos xardíns. Organizaranse un total de 24 sesións todos os domingos de febreiro e marzo, agás a primeira quenda, que cadrará no sábado 5 de febreiro, tamén para grupos de ata 20 persoas. Organizaranse 3 sesións por día, ás 11:00 ás 12:30 e ás 16:30 horas. O prezo desta actividade é de 8 €, xa que inclúe, trala visita aos xardíns, a entrada ao Castelo.

Xardín de Camelias con nome de muller

Nas visitas guiadas e caracterizadas ao Castelo de Soutomaior poderanse coñecer todas as variedades de camelia plantadas no xardín de excelencia internacional, onde o público coñecerá a súa orixe, os coidados necesarios e outras curiosidades arredor da flor das Rías Baixas. Ademais, unha parada obrigada será no Xardín de Camelias con nome de muller, que a Deputación puxo en marcha en 2022 para render homenaxe a mulleres ilustres da historia universal como son María Vinyals, Rosalía de Castro, a Bella Otero, Jane Andresen, Sofía Novoa, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Jimena Fernández de la Vega.

As entradas están dispoñibles na páxina web do Castelo de Soutomaior.

Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124