Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Plan Reactivación Turismo - Rías Baixas - Pontevedra Provincia - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As claves da reactivación turística nas Rías Baixas: un destino seguro, natural e sostible

O plan da Deputación marca os eixes para apoiar o sector da provincia de Pontevedra no novo escenario: impulsa a competitividade, a dixitalización e o turismo de proximidade

21/05/2020
Libro María Vinyals

A Deputación de Pontevedra xa dispón dun Plan de reactivación do sector turístico das Rías Baixas no novo escenario nacional e internacional. A institución analizou rigorosamente o impacto do parón pola COVID-19 na provincia a través dunha enquisa a 200 empresas de todas as comarcas, mantivo contactos con outras institucións, examinou as tendencias do mercado con vistas á recuperación das viaxes por motivos de ocio e estableceu, da man dos concellos e do sector privado (incluídos os Festivais Rías Baixas) unha serie de eixes para situar o destino como referencia turística.

Os principais obxectivos deste plan son situar e consolidar Pontevedra provincia-Rías Baixas como un destino seguro, sostible, vinculado en boa medida á natureza e con oferta de experiencias locais. O turismo de proximidade, os mercados nacionais e o norte de Portugal son prioritarios. Estas son as claves do plan:

OBXECTIVOS

- Reforzar a marca Rías Baixas como un destino seguro
 
- Garantir a viabilidade e supervivencia do tecido empresarial
 
- Potenciar a competitividade das e dos traballadores e das empresas
 
- Garantir o emprego de todas aquelas persoas vinculadas ao sector
 
- Favorecer o turismo de proximidade, impulsando a demanda

 

NOVO ESCENARIO

A crise sanitaria terá un impacto profundo na forma na que se viaxa, nas relacións das persoas e na experiencia das e dos clientes, o que obrigará a darlle un xiro á proposta de valor do sector e ás perspectivas concretas do tecido empresarial turístico.
 
- As medidas sanitarias e de seguridade converteranse en factores determinantes para a selección de destinos.
 
- Crecerá a demanda de destinos máis sostibles e menos masificados.
 
- Demandaranse novos métodos dixitais que minimicen o contacto: check in e reservas en liña, sensores para a apertura das portas ou das billas etc 
- Haberá unha dinámica favorable ás actividades de aventura na natureza e en espazos ao aire libre, que eviten as aglomeracións. Crecerá a demanda turística de experiencias locais e sostibles.
 
- Producirase unha maior sensibilidade ao prezo da oferta turística. Por outra banda, o turismo de luxo mpulsará novas oportunidades e contribuirá á desestacionalización do turismo.
 
- Aumentará a venda en liña e demandaranse produtos turísticos máis flexibles para cambios e anulacións. A clientela será máis esixente e terán preferencia as e os provedores que aseguren estándares de hixiene e sustentabilidade.
 
- Na tempada estival unha gran porcentaxe de turistas apostará polo turismo de proximidade e daralle prioridade ás viaxes en transporte privado.
 
- É necesario establecer para a recuperación do sector un novo modelo de xestión e gobernanza turística, coordinado, cunha estreita colaboración entre o sector privado e as administracións.

DEMANDAS DO SECTOR NA PROVINCIA

Fonte: enquisas a 200 empresas de distintos ámbitos (hoteis, axencias de viaxes e operadoras turísticas, turismo rural, hostalería, actividades artísticas, turismo activo, transporte, vivendas turísticas).

De maior a menor:

1. Accións tributarias (reducións ou aprazamento de impostos, taxas...).

2. Promoción e difusión local e nacional.

3. Medidas de prevención, seguridade e saúde. 

4. Fomentar a demanda de produtos e servizos de proximidade por parte da poboación. 

5. Deseño de plans de continxencia e xestión da crise.

6. Efectuar a transición á economía circular e incorporar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. 

7. Promover a colaboración con provedoras e provedores de proximidade. 

8. Promover sinerxías e alianzas con outras entidades (ofrecer novos produtos e servizos etc.). 

9. Accións de formación especializada. 

10. Impulso da dixitalización.

11. Accións para incrementar a liquidez (avais, créditos...). 

Destácase a solicitude de coordinación coas distintas administracións, medidas para favorecer o turismo local, así como o rural, exención de taxas e de certos impostos e axilización de procesos e axudas. 

Ademais, como comentarios adicionais, o sector demanda:

➢ Axudas de diferente índole (económicas, directas, indirectas...), tanto para persoas autónomas como paras as pemes, para paliar as consecuencias da crise da COVID-19.

➢ Accións de difusión para o fomento de eventos e destinos locais.

➢ Maior velocidade na toma de decisións e exactitude para planificar as accións de cara ao 2021.

➢ Axudas específicas para as axencias de viaxes, xa que para poder poñer en marcha o seu negocio dependen de que o fagan antes outros servizos coma os aloxamentos, as aeroliñas ou as e os guía.

EIXES DE ACTUACIÓN

➢ Financiamento, aspectos legais e fiscalidade. Este primeiro eixe engloba medidas relacionadas coa solvencia financeira, fiscal e legal das empresas.
 
➢ Prevención, seguridade, saúde e hixiene. Trátase de accións relacionadas cos diferentes protocolos e plans de garantía sanitaria, tanto nas oficinas INFO Rías Baixas como nas administracións locais e no sector privado. Con estas medidas búscase tamén un crecemento ético. 
 
➢ Dixitalización e competitividade. Recolle toda unha serie de medidas relacionadas co liderado empresarial e o fortalecemento do sector a través da capacitación, a innovación e o emprendemento. Ademais, búscase poñer as TIC ao servizo dos concellos para responder ás novas demandas das e dos turistas con ferramentas que lles proporcionen información e promovan a confianza, ademais de darlles resposta ás novas demandas de flexibilización. 
 
➢ Promoción do destino Rías Baixas. Adaptaremos as accións de comunicación e comercialización á nova semántica da COVID-19, con campañas que promovan As Rías Baixas como destino seguro e dándolle prioridade aos mercados de proximidade (mercado nacional e do norte de Portugal). 
 
➢ Plan estratéxico de turismo 2021-2023 e traballo conxunto para potenciar eventos relacionados coa cultura, o deporte e o turismo MICE para 2021.

ACCIÓNS XA EN MARCHA

Xa se están asignando partidas para o desenvolvemento de medidas, cun orzamento inicial en torno aos 800.000 euros, para o período de xuño a decembro de 2020:
 
- Adecuación da rede de oficinas INFO Rías Baixas ao escenario ocasionado pola COVID-19 a través do protocolo de xestión da rede e asesoramento e apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes na adaptación á normativa de garantía sanitaria.
 
- Deseño de obradoiros post COVID-19 para a comercialización do destino.
 
- Adaptación do plan de promoción á semántica da COVID-19 e orientación ao turismo de proximidade (nacional e do norte de Portugal) e ás novas tendencias das persoas que viaxan.
 
- Lanzamento da aceleradora do comercio polo miúdo para axudarlles a impulsar os negocios e reactivar a economía local.
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124