Unha exposición de "Meninas" une arte e solidariedade en Vilagarcía de Arousa
O municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa acolle, ata o próximo día 17 de febreiro, a exposición "Meninas solidarias", composta polas obras de 15 artistas, que poden adquirirse co obxectivo de colaborar en proxectos de distintas ONG.
Entre estas entidades, seleccionáronse –entre outras− Proxecto Home, Acción Contra el Hambre, Aldeas Infantiles, ACNUR, BATA (Baión Asociación Tratamiento Autismo), Cáritas Vilagarcía, Amnistía Internacional, Arousa Solidaria, Cocina Económica de Santiago, Club de Leones de Pontevedra, Comedor de San Francisco de Pontevedra, Difusión Felina de Pontevedra ou TDAH Salnés.
Instalada na sala de exposicións do auditorio de Vilagarcía de Arousa, tras poder visitarse no Centro Comercial Arousa, esta iniciativa mostra as "Meninas" creadas por José María Barreiro (Cela, Bueu), Antón Sobral (Pontevedra), Miguel Lubians (Pontevedra), Carmen Hermo (Pontevedra), Juan Fernando de la Iglesia (Cambados), Lino Silva (Cambados), Eduardo Baamonde (Cambados), Uxío López (Vilagarcía de Arousa), Xaquín Chaves (Vilagarcía de Arousa), Juan Carlos Platis (Vilaxoán), Pedro Ávila (Santiago de Compostela), Soledad Pite (Santiago de Compostela), Fernando Yáñez (Lugo) e Luis González de la Ballina (Pontevedra).