Atlantic Fest
O Marisquiño
Sinsal
SonRías Baixas
Vive Nigrán
Revenidas
PortAmerica
Unha illa máxica. Unha carballeira na que soa a mellor música e grandes chefs que cociñan para o público. Catro vilas mariñeiras nas que recoñecidas bandas saltan ao escenario nunha atmosfera especial. E unha cidade, a maior de Galicia, que se transforma en capital do deporte extremo e da cultura urbana de Europa.
A que soa ben? Son os espléndidos Festivais Rías Baixas, un circuíto de festivais con ingredientes inconfundibles: a suma perfecta das e dos mellores artistas, unha gastronomía de excelente calidade co selo da provincia de Pontevedra, deporte e lecer. Todo isto co denominador común de organizarse en contornos privilexiados que conxugan a natureza coa esencia mariñeira deste territorio.
De xullo a outubro non hai tregua para a diversión, a acción, a música e os manxares elaborados cos produtos de calidade das Rías Baixas da man das e dos mellores chefs galegos e doutras latitudes.
Esperámoste nos Festivais Rías Baixas. Ven e vive unha experiencia única!
Webs oficiais: PortAmérica, Vive Nigrán, Atlantic Fest, Sinsal, SonRías Baixas, O Marisquiño, Revenidas.