Momentos Rías Baixas
Cóntanos o teu momento especial en Pontevedra Provincia e gaña estancias e lotes con actividades turísticas para volver vivir experiencias inesquecibles
Aquel marabilloso solpor tras as illas Cíes, as risas e o mergullo na Lanzada, o paseo entre os carballos da fraga de Catasós, a maxia de Santa Trega, a comida nun dos cinco Estrelas Michelin, a forza da fervenza do Toxa, a diversión nos Rías Baixas Fest, a adrenalina do descenso polo río Ulla, o silencio do mosteiro de Carboeiro…
Son moitos os momentos nos que experimentas emocións únicas nas Rías Baixas. Instantes que transmiten emocións, que te conectan contigo mesmo, coas persoas do teu contorno e coa paisaxe que ves e sentes.
Se estiveches en Pontevedra Provincia coñeces ben esa sensación. Revive e comparte os teus #MomentosRíasBaixas. Participa no noso concurso en redes sociais, podes gañar un dos nosos lotes de estancias e actividades turísticas. Está atenta ou atento aos nosos perfís de Facebook, Twitter e Instagram, convocarémolo nos vindeiros días, e prepárate para volver vivir a experiencia Rías Baixas!
¿Como participo?
Cóntanos o teu momento especial con estes sinxelos pasos:
1. Publica unha foto ou un vídeo do teu momento memorable no teu perfil público de Twitter, Facebook o Instagram.
2. Comenta brevemente por que foi especial.
3. Inclúe os hashtags #momentosRíasBaixas e #PontevedraProvincia
4. Etiqueta na foto ou vídeo a Turismo Rías Baixas
5. O teu perfil debe ser público
6. As fotos e vídeos deben ser orixinais
7. Se aparecen outras personas debes ter o seu consentimento expreso
8. Non son válidas publicacións efémeras como Stories ou Fleets.
CONSULTA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO
Así é Momentos Rías Baixas
Unha campaña que apela a vivencias, recordos e historias reais, que anima as persoas que xa visitaron a provincia de Pontevedra a volver e a outras a vir por primeira vez. A etapa inicial xa está en marcha cos sorteos de estancias e actividades turísticas; a segunda, co lema "É o teu momento", activarase cando se poida viaxar; e a terceira, a final de ano, estará ligada ás rutas da provincia e ao Camiño de Santiago.
Ademais, a Deputación dará protagonismo ao sector turístico da provincia, pois é fundamental na experiencia das persoas que nos visiten e nos seus recordos especiais. "É unha campaña fresca, desenfadada, áxil, flexible, humana, cunha mirada optimista e un ton positivo”, explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na presentación da promoción.
Contámosche aquí con detalle como é "Momentos Rías Baixas"