FITUR 2020: vive en directo a presentación da campaña “Sigue o teu instinto”
A partir das 12.30 horas poderás ver desde aquí o acto en Madrid conducido pola actriz Celia Freixeiro e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
Turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra presentan este xoves na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) a nova campaña de promoción da provincia de Pontevedra co lema “Sigue o teu instinto” e coa natureza como eixe principal.
A actriz viguesa Celia Freixeiro é a escollida este ano como imaxe das Rías Baixas e encargarase ademais de conducir o acto na capital. Celia acompañará a presidenta da Deputación no acto de presentación, que comezará ás 12.30 horas e que se poderá seguir en directo nesta páxina.
A campaña “Sigue o teu instinto” é unha chamada a escoitar o que nos pide o corpo e a deixarnos levar, a conectar co noso lado máis salvaxe e natural.
Este ano o patrimonio natural das Rías Baixas é o protagonista da promoción do destino Rías Baixas en Fitur, onde se presentará a paisaxe da provincia de Pontevedra como escenario para a práctica dunha ampla variedade de deportes en contacto coa natureza e sempre co máximo respecto polo territorio.