Patrimonio Arquelógico

Sorteos da campaña “Fame de experiencias?”

Cajas sorteos hambre de experiencias

Tes fame de experiencias? Gastronomía, paisaxes e tradicións conxúganse en perfecta harmonía na provincia de Pontevedra e regálanche momentos inesquecibles.

Turismo Rías Baixas organiza cinco sorteos ao longo do ano dentro da campaña “Fame de experiencias?”

Agárdante estupendos premios para gozar deste destino, coma degustacións, visitas guiadas, ceas… Rexístrate e proximamente informarémoste por correo sobre as condiciones para participar.

Contámosche en que consiste cada sorteo e cando podes gozar os premios. Sorte e sacia a túa fame de experiencias nas Rías Baixas!

Queres gañar regalos especiais con sabor a Rías Baixas?

5 meses, 5 sorteos, 5 experiencias

Formulario de inscrición

  • FESTA DA LAMPREA EN ARBO
    1. FESTA DA LAMPREA EN ARBO
    A festa gastronómica máis antiga de Galicia permíteche apreciar este manxar de diversas formas. É tamén unha oportunidade para percorrer a Ruta das Pesqueiras e descubrir a arte milenaria da captura da lamprea, un dos peixes máis primitivos do planeta e cun exquisito sabor.

    Premios: 20 bonos-degustación para a Festa da Lamprea de Arbo
    Mes: abril
  • RUTA MACEIRAS EN FLOR NA ESTRADA
    2. RUTA MACEIRAS EN FLOR NA ESTRADA
    En maio a parroquia de Callobre (A Estrada) cóbrese de flores, en pleno apoxeo da primavera, un espectáculo natural propio da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, onde atoparás máis de 50 variedades autóctonas de mazá coas que se elabora sidra desde a Idade do Ferro. A finais de xuño poderás tamén degustar este dourado elixir na Feira da Sidra.

    Premios: 120 prazas para realizar unha visita guiada polos lagares e as plantacións
    Mes: maio
  • VIGO SEAFEST E SHOWROCKING PORTAMÉRICA (CALDAS DE REIS)
    3. VIGO SEAFEST E SHOWROCKING PORTAMÉRICA (CALDAS DE REIS)
    Dous grandes eventos unen música e gastronomía a primeira fin de semana de xullo: o Vigo Seafest e o ShowRocking do Festival PortAmérica de Caldas de Reis. É moi difícil elixir, polo que a nosa recomendación é que visites ambos os dous.

    Premios: 10 bonos para o ShowRocking e 10 para o Vigo SeaFest
    Mes: xullo
    Consulta las bases y apúntate aquí
  • RESTAURANTES DO GRUPO NOVE NAS RÍAS BAIXAS
    4. RESTAURANTES DO GRUPO NOVE NAS RÍAS BAIXAS
    A alta gastronomía en Galicia está representada polo Grupo Nove. Na provincia de Pontevedra poderás gozar da súa extraordinaria cociña no restaurante Culler de Pau, no Grove; o Yayo Daporta e o Pandemonium, en Cambados; o Silabario e o Maruja Limón, en Vigo; o Casa Solla e o Pepe Vieira, en Poio; o Eirado da Leña e a Viñoteca Bagos, en Pontevedra.

    Premios: unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do Grupo Nove (restaurante por definir)
    Mes: setembro
  • VIÑO ESPUMOSO DA D. O. RÍAS BAIXAS
    5. VIÑO ESPUMOSO DA D. O. RÍAS BAIXAS
    A primeira fin de semana de decembro réndeselle homenaxe ás burbullas con máis glamour da D. O. Rías Baixas na subrexión Condado do Tea na Festa do Viño Espumoso de Salvaterra de Miño. Descobre a versión espumosa dos nosos viños en charlas con persoas expertas, degustacións, visitas e exquisitas maridaxes na contorna do castelo de Dona Urraca.

    Premios: 20 bonos de degustación na Festa do Viño Espumoso
    Mes: decembro