Unha xornada para gozar da autenticidade do Baixo Miño

O Rosal, A Guarda e Oia: deporte, un mosteiro único á beira do mar e preciosas adegas de albariño
 

Caiac e sendeirismo no río Tamuxe

10:00

Propoñémosvos dúas formas diferentes de visitar este espazo único: en caiac ou camiñando pola beira dos ríos Miño e Tamuxe para finalizar no extraordinario espazo natural que rodea o muíño das Aceñas, onde vos poderedes dar un refrescante baño nun contorno privilexiado. A ruta a pé é lineal. Ao longo dos seus 7,5 km de distancia pódense atopar illas e unha gran variedade de fauna.

Visita á localidade mariñeira da Guarda

12:30

Co seu porto, as súas rúas e o seu olor a mar, a localidade mariñeira da Guarda é un lugar para namorarse. A Praza do Reló, a igrexa de Santa María, o mosteiro das Benedictinas, os seus exemplos de casas indianas e os seus restos de muralla medieval son algúns dos puntos da vila que non debedes perder.

Comida na Guarda

14:30

A vila diferénciase pola súa exquisita gastronomía ligada ao mar, da que destaca un produto estrela, a apetitosa lagosta, que conta cunha festa propia declarada de Interese Turístico de Galicia.

Adega da subzona do Rosal

16:30

O albariño procede de 5 subzonas de cultivo que se estenden  desde a fronteira portuguesa ata o límite con Santiago de Compostela. Esta é a subzona do Rosal, onde é moi recomendable visitar algunha das súas adegas e coñecer as influencias e matices da uva Loureira, menos coñecida pero igual de saborosa.

Visita ao mosteiro de Oia

19:00

Pola tarde coñeceremos unha peza central do patrimonio do Baixo Miño. O mosteiro de Oia  comezou a construírse no século XII e formou parte da orde do Císter. Ten elementos románicos, góticos e barrocos. Edificado ao pé do mar, constitúe unha bonita estampa á beira do océano Atlántico. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931.