Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - El séptimo arte vuelve a Bueu con el Festival Internacional de Curtametraxes - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

A sétima arte volve a Bueu co Festival Internacional de Curtametraxes

A localidade acolle este certame con 80 curtos, concertos de Xoel López e De Vacas, monólogo de Carlos Blanco, gastronomía e outras actividades durante nove días

06/09/2018
FICBUEU 2018, Festival Internacional de Curtametraxes

A localidade de Bueu celebra desde este venres a decimo primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) coa proxección de case 80 curtametraxes tanto de nivel internacional, como nacional e autonómico, coloquios e outras actividades. Neste certame, que concluirá o sábado 15 de setembro, tamén se rende tributo a personalidades do cinema como a actriz Mabel Rivera; o director Rodrigo Cortés, de orixe galega; e Juho Kuosmanen, realizador finlandés, que serán galardoados co Premio de Honra.

Ademais realizaranse outras actividades como concertos; de artistas como Xoel López ou De Vacas; a mellor gastronomía local, coa Ruta das Tapas 5 Estrelas; ilustracións en directo con “Debuxando coa luz” ou programas de radio como Carne Cruda. Aínda que algunhas actividades serán de pago, haberá outras gratuítas que requiren invitación previa como o acto inaugural, as proxeccións da Sección Panorama ou o encontro con Mabel Rivera, entre outras. Para asistir a este festival, para o que se prevé unha afluencia de 15.000 persoas, as entradas están dispoñibles a través da web oficial do FIC ata hoxe, e a partir deste venres en despacho de billetes.

Case 80 curtos internacionais, nacionais e autonómicos

Os traballos que se proxectarán no certame, agruparanse principalmente na Sección Internacional, que constitúe o eixo central do festival coas curtametraxes realizadas noutros países; a Sección Panorama, cos traballos internacionais descartados para o concurso; a Sección Galicia, con cinco curtos autóctonos; a Sección España, formada por cinco pezas nacionais; e finalmente a Sección Escolas, con traballos de estudantes de Primaria, Secundaria, de diversas facultades e de escolas de Formación Profesional.

Este fin de semana será a quenda para Galicia o sábado, e para España o domingo, en ambos os casos a partir das 20 h. Desde o luns 10 de setembro ata o venres 14, todos os días haberá proxeccións de Panorama ás 18:00 h, do mesmo xeito que daSección Internacional. Esta última reproducirá un total de 22 traballos con sesión dobre cada día, unha ás 19:45 h e outra ás 22 h, e complementarase con charlas das e os directores.

Ademais as pezas de Escola proxectaranse o venres. O bono para a sección Internacional terá un custo de 10 euros e as entradas diarias de 2,50 euros, mentres que Panorama e Escola, serán gratuítas.

Este sábado a xornada estará protagonizada polo coloquio “ De Galicia a Hollywood: Salto ou esforzado arrastre?” a partir das 18 h. Nesta actividade, que terá un custo de 3 euros, participarán os responsables do podcast Todopoderoso, Juan Gómez-Xurado e Arturo González-Campos e o director de orixe ourensá Rodrigo Cortés, un dos galardoados co Premio de Honra.

Música, ilustracións, humor e tapas con sabor a cinema

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu é moito máis que cinema. Este certame reúne tamén disciplinas como a música, a ilustración ou a gastronomía e haberá outras actividades de lecer, como monólogos e programas de radio en directo.Este venres a música chegará da man de Xoel López ás 22:30 h, un concerto que terá un custo de 20 euros. O sábado actuarán De Vacas ás 13 h, despois da charla vermú, e xa pola noite, os ilustradores Luís Davila e Marc Taeger debuxarán co ritmo musical de Fuzzo, en “ Debuxando coa luz”. Esta última actividade terá un custo de 5 euros.

Este domingo, despois da charla vermú, haberá un encontro ás 12:30 h cunha das galardoadas co Premio de Honra do festival, Mabel Rivera. Pola tarde será a locución do programa de radio Carne Cruda, cun prezo para asistir de 5 euros e que será a antesala das proxeccións. Ás 22 h será a quenda para o monólogo do actor Carlos Blanco, actividade cun custo de10 euros. Finalmente, o sábado 15 as charlas, galas, un obradoiro de interpretación e as actuacións musicais de Paco Nogueira e a Banda de Música poñerán o broche de ouro a este festival de cinema.

Ademais, nesta cita coa sétima arte na vila mariñeira de Bueu, poderás gozar da gastronomía tradicional coa Ruta das Tapas 5 Estrelas, que terá lugar entre o venres 7 e o domingo 16 de setembro. Nesta actividade culinaria participarán un total de 14 establecementos da localidade, propoñendo diversos petiscos con nomes de películas como homenaxe ao mundo do cinema ou das series, como Titanic, Pradolongoou Fariña. As tapas terán un prezo de 2 euros e o horario para degustalos será de 12 a 14 h e de 20 a 22 h. Tamén haberá un espazo dedicado ao Mercado da Curtametraxe.

Etiquetas: portada, ficbueu, festival de cine
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124