Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Rías Baixas de cinema - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Rías Baixas de cinema

Desde a primeira película rodada en Pontevedra en 1916, decenas máis elixiron a provincia como escenario cinematográfico. Repasamos as máis representativas

12/03/2018
Rías Baixas de cine

A provincia de Pontevedra foi o estudio de cinema en numerosas ocasións. Ás veces representando as súas cidades como localización real que son, e outras, como unha paisaxe simulada na que, sinxelamente, elixiuse esa localización  por necesidades artísticas.

A primeira película recollida pola Pontevedra Film Commission foi Miss Ledya, realizada en 1916 por José Gil, cando as cámaras cinematográficas rodaban realmente e o cinema era aínda mudo e en branco e negro. Dura vinte minutos e utilizáronse localizacións en Illa da Toxa, o Balneario de Monte Porreiro, A Caeira, e Portosanto, Poio. Como curiosidade, cómpre mencionar que na obra aparece un mozo Castelao como pastor protestante.

Pola súa banda, Vigo viu a súa primeira rodaxe pouco despois con Maruxa, segundo recolle a Vigo Film Office. Era 1923 e foi dirixida por Henry Vorins.

Tamén é interesante o traballo de Enrique Barreiro, que, en 1927, roda Pontevedra, cuna de Colón. Como o propio nome indica, trátase dun documental que recolle os posibles lazos que unirían o mítico mariñeiro coa cidade de Poio. O traballo atópase agora na Casa Museo Colón dese municipio.

Uns anos máis tarde, en 1941, a aposta belicista de El Crucero Baleares, recollida pola asociación pontevedresa, entra na listaxe de películas censuradas e cuxo material se ordenou destruír.

En 1971, Mi querida señorita, de Jaime de Armiñán e recollida pola Vigo Film Office, destaca por ser nomeada aos Óscar de 1972.

As illas Cíes por fin obteñen protagonismo en 1972, coa obra de Luis María Delgado Aventura en las islas Cíes. O filme narra a historia dun grupo de adolescentes que, animados polas historias dun vello mariñeiro, embárcanse na procura dun tesouro ás illas galegas.

Aínda que non haxa datos de rodaxe en Galicia, a excepcional Das Boot. El submarino, de Wolfgang Petersen, de 1981, narra a convivencia e o traballo dun submarino alemán na II Guerra Mundial, na que a única vez que fai escala, a terra elixida é a cidade de Vigo.

La hora bruja, de 1985, con Francisco Rabal como protagonista e Jaime Armiñán de director, forma xa parte dese legado de películas para cinéfilos.

En 1999 chegaría un filme de orixe norueguesa, Water Easy Reach, de Bent Hamer, drama sobre un mariñeiro que ha de recalar en Galicia na súa primeira viaxe ao estranxeiro.

Fernando Fernán Gómez, que xa estivera en Pontevedra na rodaxe de Botón de áncora (Ramón Torrado, 1948), volve en 1999 coa valorada A lingua das bolboretas, de Jose Luis Cuerda, baseada na novela de Manuel Rivas Que me queres, amor? Anos máis tarde, o mesmo escritor vería rodada na provincia outra das súas novelas en 2002, O lapis do carpinteiro. Neste caso foi Antón Reixa o director, cun grupo de actores da talla de Tristán Ulloa, Luis Tosar, Manuel Manquiña e Nancho Novo. Na obra aparecía a illa de San Simón, entre outros puntos de Galicia, incluído Vigo, Ferrol e A Coruña.

Os films sobre este manto bélico seguirían repetíndose, coma El viaje de Carol, dirixida por Imanol Uribe en 2002 coas novas promesas Clara Lago e Juan José Ballesta. Entre outras localizacións utilizouse a estación da ponte de Taboada.

Para amantes do cinema fantástico, Dagon, la secta del mar (Stuart Gordon, 2001), coa presenza de novo de Francisco Rabal, é un traballo que transcorre no pobo de Combarro e fará as delicias de quen se perda polo cinema de serie B e o mundo de Lovecraft, non acompañado, iso si, pola crítica.

En 2001, Eloy Lozano gravaría Bellas durmientes, coa viguesa Marta Larralde, na cal aparecía o pazo Quiñones de León de Vigo.

Ademais dos films mencionados, a primeira década do milenio traería unha serie de películas que terían como escenario principal a cidade de Vigo, que ben reflectía a depresión das urbes tras a reconversión industrial.

Así, Larralde repetiría ese mesmo ano de 2001 con Lena, xunto a Manuel Manquiña, rodada no barrio mariñeiro de Bouzas por Gonzalo Tapia, atopando na cidade similitudes co seu natal Avilés. Algo similar ocorrería coa premiada Os luns ao sol, de Fernando León, en 2002, e protagonismo de Javier Bardem e Luis Tosar. A cidade galega parecía converterse nun enclave perfecto para representar a desafortunada crise industrial.

Cambiando de destino, en 2003, Antonio Giménez, utilizaría a fachada do balneario de Caldelas de Tui entre outros puntos de Galicia para un thriller de cinema negro en Hotel Danubio.

E se na actualidade son as series Fariña ou Vivir sen permiso, en 2005 Adriana Ozores representaba a personaxe protagonista de Heroína, de Gerardo Herrero, sobre o desafortunado legado do narcotráfico en Galicia. Entre os puntos elixidos recoñécese a Deputación Provincial (Pontevedra), o pazo de Baión (Vilanova de Arousa ) e a ponte de Rande , ademais doutros enclaves destas cidades ou doutras coma Oia.

Pouco máis tarde Gracia Querejeta rodaba Sete mesas de billar francés, 2007, con Maribel Verdú e Branca Portillo, entre outras actrices e actores, na que se recoñece a Universidade de Vigo, cidade onde se realizaron algunhas gravacións.

Vicente Aranda tocaría chan pontevedrés ese mesmo ano con Canciones de amor en Lolita´s Club, que uniría de novo polo Casco Vello de Vigo a Bardem e Tosar, ademais de Eduardo Noriega.

Pedro Almodóvar recalaría en Rías Baixas  en 2011 con La piel que habito, con Antonio Banderas e Elena Anaya entre o magnífico elenco de actores. Entre os escenarios elixidos de Galicia atópase o pazo de Oca, na Estrada.

As praias galegas volverían ser protagonistas en A praia dos afogados (Carmelo Gómez, 2015), cuxo rodaxe se desenvolveu principalmente na comarca de Vigo. Dos lugares reconocibles, vólvese unha vez máis á mariñeira Bouzas, ademais doutros puntos de Vigo coma o hospital Meixoeiro. Tamén recala nas praias de Nigrán, coma Panxón, Praia América, Patos e A Madorra.

Xa en 2016, Toro, de Kike Maíllo, aparece entre as últimas rodaxes en Rías Baixas, coa participación de Mario Casas, Luis Tosar e José Sacristán. Parte da rodaxe realizouse en Vigo, en zonas coma Beiramar e o Náutico.

O catálogo completo das películas rexistradas ata a data pódese ver na Pontevedra Film Commission e a Vigo Filme Office.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124