Rías Baixas, paraíso de praias con bandeira azul en España
O 8 de maio déronse a coñecer as novas bandeiras azuis que ondearán nas diferentes praias do territorio nacional durante o verán 2018.
En total outorgáronse 590 bandeiras das que 109 vanse directamente á comunidade galega, obtendo desta maneira unha orgullosa segunda posición a nivel nacional só detrás da Comunidade Valenciana (132).
Dentro de Galicia, a provincia de Pontevedra lidera o ranking cun total de 55 praias con bandeiras azuis, fronte as 40 da Coruña e as 15 de Lugo.
E se fosen poucas as noticias positivas, a cidade de Vigo presumirá de ser a urbe española con máis bandeiras, 9, mentres, O Salnés liderará o mesmo ranking no que a comarcas refírese, 19.
En canto ás que saen e entran, Pontevedra é a provincia que menos praias perde da comunidade. Só una (a de Xiorto en Poio). En cambio, suma tres novas, as de Santa Marta en Baiona e Areas e Caneliñas en Sanxenxo.
En canto aos municipios, o primeiro da lista é Sanxenxo, un dos destinos costeiros por excelencia de Rías Baixas. Coas dúas novas integrantes suma un total de 13 areais. Séguenlle Vigo con 9, Cangas con 7, Baiona alcanza por primeira vez 5, Bueu e Marín con 4, Nigrán con 3, A Guarda, Vilagarcía de Arousa e A Illa de Arousa con 2 e Redondela, Moaña, Poio e Ponte Caldelas con 1. Neste último caso, a bandeira azul de Ponte Caldelas ten a peculiaridade de que recae sobre unha praia fluvial, a do río Verdugo.
Listado de praias con bandeira azul 2018 na provincia de Pontevedra
Sanxenxo: Areas, Caneliñas, A Lanzada - O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos - Nosa Señora de A Lanzada, Areas Gordas- A Lapas, Pragueira, Baltar, Paxariñas
Vigo: O Vao, Argazada, Rodas (Islas Cíes), Figueiras (Islas Cíes), A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, Canido, Fontaiña
Cangas: Areabrava, Nerga, Menduiña, Melide, Areamilla, Liméns, Rodeira
Baiona: Os Frades, A Barbeira, A Concheira, A Riveira, Santa Marta
Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos, Lapaman
Marín: Aguete, Mogor, Portocelo, O Santo-Coviña
Nigrán: Praia América, Panxón, Patos
A Guarda: O Muíño, Area Grande
A Illa de Arousa: Area do Secada, Bao (Camaxe)
Vilagarcía de Arousa: Preguntoiro, Campanario
Moaña: Praia do Con
Poio: Cabeceira
Ponte Caldelas: Playa fluvial A Calzada
Redondela: De Cesantes (Dereita)
Ademais dunha costa chea de bandeiras azuis, Rías Baixas goza dunha máis no río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas
El resto de distinciones bandera azul recaen sobre puertos deportivos y embarcaciones sostenibles. 15 para Galicia en el primer caso, mientras que los 5 certificados del segundo son de Mallorca y Málaga. La suma de todas las banderas posiciona a España como el primer país de la lista a nivel mundial con una suma de 696.
A parte de las mencionadas, si se hablara de senderos azules, Galicia sería la primera comunidad autónoma con un total de 23.