Rías Baixas Fest
Rías Baixas Fest Pontevedra Provincia é unha marca creada pola Deputación de Pontevedra para impulsar e promover un circuíto de festivais de música que achegan, xunto cunha oferta musical de calidade, experiencias turísticas que contribúen a situar a Rías Baixas-Pontevedra Provincia como un gran destino cultural e de lecer.
Actualmente, a marca agrupa cinco grandes festivais celebrados en distintos puntos da provincia de Pontevedra: PortAmérica (en Portas), Sinsal Son Estrella Galicia (illa de San Simón, Redondela), SonRías Baixas (Bueu), Atlantic Fest e Revenidas (ambos en Vilagarcía de Arousa).
Qué distingue os Rías Baixas Fest?
Os Rías Baixas Fest son un referente na música, na gastronomía e no lecer. O público goza, en fantásticos espazos, das mellores bandas e artistas, das elaboracións de grandes chefs e dunha ampla oferta de actividades de lecer. Son eventos de renome internacional, que atraen ducias de milleiros de persoas e forman parte xa da marca Rías Baixas-Pontevedra Provincia.
Cal é o obxectivo?
O obxectivo dos Rías Baixas Fest é fomentar e impulsar o crecemento dos festivais de música que contribúen á promoción turística da provincia de Pontevedra, e posicionar as Rías Baixas como un destino de referencia no ámbito nacional e internacional a través do turismo de festivais. Este obxectivo está aliñado co reto da sostibilidade, do turismo responsable, da igualdade e dos ODS das Nacións Unidas.
Ademais, Rías Baixas Fest promove ferramentas de planificación e xestión que permiten reforzar a colaboración cos promotores destes eventos.
Os Rías Baixas Fest contribúen a internacionalizar e desestacionalizar o destino, ofrecendo as mellores experiencias para cada momento do ano. A súa celebración fai que a provincia sexa coñecida dentro e fóra de Galicia, configurando así unha oferta de gran relevancia e atractivo.
Requisitos para o uso da marca
A marca Rías Baixas Fest Pontevedra Provincia identifica os festivais que combinan música e experiencias turísticas e cumpren os seguintes requisitos: