Fiestas en Rías Baixas

Castelos

Castelo de Sobroso

Impoñentes fortalezas eríxense en fermosos outeiros da provincia de Pontevedra e lémbrannos a grandeza doutras épocas. A súa situación estratéxica serviu de protección e defensa contra os ataques inimigos. Símbolos de poder na Idade Media, hoxe os castelos das Rías Baixas convértense no pasaporte perfecto para iniciar unha viaxe ao pasado e descubrir en primeira persoa a historia deste destino e das familias da alta nobreza que viviron entre os seus muros.

Escenario de grandes batallas e rodeado dun contorno paisaxístico singular, o castelo de Sobroso é un dos máximos expoñentes do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. Situado no alto dun outeiro en Vilasobroso (Mondariz), a máis de 300 metros sobre o nivel do mar, esta impresionante fortaleza medieval impacta tanto pola súa beleza como polo seu perfecto estado de conservación.

O castelo de Sobroso está custodiado por un gran parque forestal no que conviven árbores autóctonas con outros exemplares, ofrecendo a quen visita o lugar unha fermosa senda botánica para gozar dun paseo, contemplar a súa extraordinaria beleza natural e unha fantástica panorámica.

  •  
    Castelo de Sobroso
  •  
    Castelo de Sobroso
  •  
    Castelo de Sobroso
  •  
    Castelo de Sobroso
  •  
    Castelo de Sobroso

Construída no século XII, a fortaleza está formada por un muro exterior de 140 metros, unha torre de planta rectangular e un corpo residencial a dúas alturas, cuxa parte alta estaba reservada para a nobreza e a inferior para o corpo de garda. Na actualidade o seu interior acolle o Centro de Interpretación da Cultura Popular, cunha exposición permanente de roupa e útiles que representan diversos oficios tradicionais.

Personaxes de gran relevancia para a historia da provincia de Pontevedra protagonizaron diversas loitas de poder. En 1117 Dona Urraca foi asediada na fortaleza pola súa irmá Dona Teresa e os partidarios do seu fillo Alfonso, o futuro primeiro rei de Portugal, aínda que, segundo conta a lenda, Dona Urraca lograría escapar por uns pasadizos subterráneos. Máis tarde, en nome do rei, Pelayo Muniz habitaría o castelo, e tras a chegada dos Reis Católicos, converteríase na residencia de grandes familias nobiliarias coma os Sobroso, os Sarmiento e os Sotomayor, estas dúas últimas enfrontadas pola propiedade da fortaleza.

Castillo de SobrosoVistas sobre o val do Tea desde o castelo de Sobroso

A súa privilexiada situación próxima ao río Miño, límite natural co país luso, permitía o control das comunicacións entre o interior e o mar do bispado de Tui, nun enclave no que natureza e patrimonio conviven en perfecta harmonía.


Castelo de Soutomaior

Castillo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é a perla do patrimonio fortificado das Rías Baixas. Testemuña de batallas, intrigas, loitas de poder entre familias nobres, disputas familiares e visitas de grandes personalidades, ao longo da súa historia viviu épocas de grandeza e tamén de ruína. Hoxe, este maxestoso recinto situado ao fondo da ría de Vigo, no municipio de Soutomaior, brilla en todo o seu esplendor e está chamado a converterse nun referente turístico internacional.

E se o castelo é monumental e extraordinario, non o é menos o Xardín de Excelencia Internacional de camelias, de gran beleza e prestixio, no que unha colección de camelias enormemente valiosa, cuxa floración se produce nos meses de... [SEGUE LENDO]