Torre de A Lanzada
A LanzadaNoalla (Santo Estevo)36990 SanxenxoPontevedra
Da época Sueva (ano 952), construída polos merinos de Iria. Son os únicos restos dunha fortaleza levantada polo Bispo Sisnando no s. X. Formaba parte dun sistema defensivo que alertaba da chegada das naves viquingas á ría de Arousa por medio de fogueiras. Podemos dicir que foi unha das moitas que sufriron as consecuencias da Rebelión Irmandiña (1466 -1469), nas que os Irmandiños resistiron ata o final os ataques de Pedro Madruga e os seus. Consta o dificultoso que resultou o seu derrocamento, dada a súa estrutura e situación, aínda que ás cinco xornadas de ser sometida a disparos de lombardas claudicó para non recuperarse máis. Os seus muros, que co paso do tempo fóronse deteriorando, reducíronse a un par de lenzos que parecen sentinelas dun recinto que se penetra no mar.
Nas inmediacións áchase a emblemática Capela da Lanzada, famosa polas súas lendas relacionadas coa fertilidade, e a Necrópole da Lanzada
Nas inmediacións áchase a emblemática Capela da Lanzada, famosa polas súas lendas relacionadas coa fertilidade, e a Necrópole da Lanzada
Servizos
- Baños públicos: Sí
Características
- Organismo responsable: Concello de Sanxenxo
- Propiedad: Pública
- Estilo Arquitectónico: Medievo
- Cronoloxía: Ano 952
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Tipología: Templo/igrexa
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí