Ría de Vigo
É a máis meridional das Rías Baixas galegas e unha das maiores de Galicia, cunha superficie de 176 km², 33 km de extensión e unha anchura variable entre os 10 km da boca atlántica e os 600 m do estreito de Rande. A diferenza das rías de Muros, Arousa, Pontevedra é que se estreitan no fondo, a de Vigo o fai en Rande, e vólvese ensanchar no final da ría na enseada de San Simón. A súa costa baña os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo e Baiona. O seu acceso occidental está protexido polas Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. No interior están as illas de Toralla e as do conxunto de San Simón e San Antón
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
Servizos
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Navegación y fondeo: Sí
- Observatorio de Aves: Sí
- Permitido el baño: Sí
Pesca deportiva ou submarina
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Pesca deportiva o submarina: Sí
Zona de mergullo
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Zona de buceo: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona A ría é rica en polbo, sardiña, lura, linguado, crustáceos coma a nécora ou o camarón, e moluscos bivalvos coma o berberecho, a ameixa, a ostra e o mexillón. Estes dous últimos cultívanse en bateas, as de mexillón son máis de 500 na ría, chegando a ser a segunda, despois da de Arousa, en volume de produción Flora e fauna terrestre autóctona Rodean a ría unha serie de formacións graníticas moi erosionadas, onde algunha delas chega a superar os 600 m de altitude, coma o faro de Domaio, o Galleiro e o Galiñeiro. Os seus espazos naturais protexidos supoñen un aliciente máis para gozar da natureza da ría. Estes son a enseada de San Simón, as marismas da Ramallosa, Cabo Home, Illas Ronseis e Illas Cíes- Interés Paisajístico: Elevado
- Situado en: Entre cabo Home e monte Ferro