Fiesta del Jamón
Trátase dunha festa de carácter gastronómico, na que se promociona un dos produtos máis importantes da Cañiza: o xamón. Este municipio conta cun microclima frío e seco, especialmente adecuado para o curado dos produtos cárnicos. Todo isto, unido ós 600 metros de altitude e á profesionalidade e o bo facer dos empresarios do ramo, fai que na Cañiza, desde sempre, o xamón alcance un nivel de curación de excepción e sen competencia na comarca
Servizos
- Descuentos a niños: Sí
- Puesto de la Cruz Roja: Sí
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Características
Orixe e historia A popular Festa do Xamón da Cañiza, concibiuse originariamente como unha feira gastronómica adicada en exclusiva a enxalzar un dos produtos cárnicos de máis renome da zona. Celebrouse por primeira vez o 15 de agosto do ano 1966 para asegurar a afluencia de turistas e o bo tempo, coincidindo ademais cun concurso de gando.Ademais da exposición de produtos típicos, nesta primeira edición, ofreceuse unha degustación gratuita de xamón a todos os visitantes, tarefa encomendada aos mozos do municipio que, ataviados con traxes tradicionais, agasallaron aos turistas
Itinerarios e eventos principais durante a súa realización A xornada gastronómica comeza a partir das 11:00 horas coa saída da comitiva do xamón desde as portas do Concello da Cañiza. O desfile encabézano os típicos carros do país seguidos por mozos ataviados con traxes rexionais, que, á súa vez, portan algunhas das bandexas de xamón. Todos eles están acompañados por un grupo folclórico, polos centenarios cabezudos e os membros da Confraría do Xamón.
A comitiva desfila polas rúas da Cañiza ata chegar á carballeira do Cacharado onde se poderá degustar as diferentes tapas de xamón
- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello da Cañiza
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 11/08/2019
- Data ata: 15/08/2019
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí