Sierra de O Candán
Silleda, Forcarei, LalínZobra (Santa Mariña)36519 LalínPontevedraA EstradaSilledaCerdedo
A comarca, denominada significativamente Tabeirós-Terra de Montes, está formada por paisaxes de media montaña entre as que O Candán é unha das súas serras máis extensas. A altura máxima do espazo apenas alcanza os mil metros, pero a súa media de altitude é suficiente para imprimirlle unha singular personalidade entre as elevacións da dorsal galega. Aquí nacen os ríos Lérez, Umia e varios tributarios do Deza. Os cumes están dominados pola vexetación das matogueiras e por agrestes afloramentos rochosos. Son espazos de horizontes abertos con escasos núcleos de poboación, con boas mostras da arquitectura popular e patrimonio artístico, coma o mosteiro de Aciveiro, reconvertido en hotel monumento. O sendeiro natural Aciveiro-Candán percorre parte deste espazo
Accesos
- Accesos a pie: Sí
Características
Situado en Na zona centro-suroeste de Galicia, na denominada dorsal galega. Nesta serra atópase o nacemento dos ríos Lérez, Umia e de varios tributarios do Deza. Está relativamente próxima ó río Ulla e ó río Miño. Andón, Aciveiro, Berrozo, Fixó, Vilariño e Codesás (Forcarei); Refoxos, Laro, Parada, Zobra e A Trigueira (Lalín); A Ermida (Beariz); Regueiro (Boborás); e Subirol (O Irixo) Flora e fauna terrestre autóctona Conta con notables extensións de matogueiras e praderías con afloramentos rochosos, e tamén pequenos bosques de Quercus robur.Destacan as formacións de esfagno. Entre os vertebrados podemos citar a poboación de cobra bastarda e a píntega rabilonga. Entre a avifauna sobresaen as aves rapaces coma o bufo real e a curuxa campestre, por ser das poucas existentes en Galicia. Entre os mamíferos destacan os morcegos, con presenza nos ríos de londras e un probable núcleo de reprodución de lobos- Flora e fauna acuática autóctona: Destacan as poboacións de boga
- Descrición do ámbito: Con vistas panorámicas
- Interés Paisajístico: Elevado
- Organismo responsable: Xunta de Galicia
Figuras de protección
- Figura de Protección: ZEPVN, LIC, Red Natura 2000