Casa - Museo Diego de Giráldez
A Casa-Museo Diego de Giráldez inaugurouse para converterse no mausoleo dunha das maiores figuras da arte galego do século XX e do que vai do XXI. Esta edificación de máis de 1000 m2 e cinco plantas de altura, está situada en pleno centro urbano e preside a Praza Maior da vila. Alí pódense ver máis de 300 obras que forman parte da súa colección privada e cuxa exhibición abarca os máis de 50 anos da súa pintura. Período da súa produción artística desde a etapa inicial na súa vila natal, A Cañiza, con apenas 6 anos, con carbóns de lareira ata o seu máis coñecido estilo o "Realismo NAS". É o creador do movemento "NAS" e ao principio realiza gran cantidade de exposicións de bodegóns, paisaxes e figuras plasmados cunha concepción moi peculiar de todas as técnicas e tonalidades na que, nun principio, predominan os negros, os brancos e os verdes. Despois soubo combinar nas súas obras, o realismo do retrato cun naturalismo, un surrealismo nos tamaños e incorporación de obxectos e unha abstracción nos fondos, no que predominan os tons escuros e luces nos vértices que resaltan a figura principal. Está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, capaz de ofrecer a realidade do cotián con total sinxeleza, escapando da profusión e o adorno, recorrendo aos mínimos elementos plásticos
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
Características
- Estilo Arquitectónico: Moderno
- Descrición do ámbito: Urbano
- Propiedad: Privada
- Interés Paisajístico: Moderado
- En uso: Sí
Servizos
- Baños públicos: Sí
Exposicións
- Exposición: de pintura, de escultura
Prezos
- Tipo de Entrada: De balde
Horarios
- Horario de apertura desde: Domingo
- Hora Apertura tarde: 17:00
- Hora Cierre tarde: 20:00