Jardines del Pazo de A Saleta
O xardín do Pazo da Saleta atópase en pleno corazón da comarca do Salnés.
O terreo inicial foi adquirido por Margaret e Robert Gimson, un matrimonio británico, que creou este xardín de estilo inglés a partir do ano 1968 con especies procedentes de todo o mundo, coa axuda da arquitecta paisaxística Brenda Colvin. O xardín posúe multitude de plantas do hemisferio sur, especialmente procedentes de Australia, Nova Zelandia, Sudáfrica e do afastado oriente, e alternaron árbores autóctonas con esas variedades orientais.
O xardín da Saleta conta cunha das coleccións botánicas privadas de España máis importantes, segundo o Comité Español do Programa Hombre e Biosfera da Unesco.
En 1996 unha parte da leira foi adquirida pola familia Rodríguez Coladas, que se ocupou da restauración do pazo e da capela, e continuou coa conservación e o incremento de especies do xardín, seguindo a filosofía de Robert e Margaret Gimson. De todo este traballo o resultado é unh xardín botánico absolutamente único en Galicia con especies de todo o mundo.
O xardín, ademáis, forma parte da Ruta da Camelia e, na actualidade, é visitable, con cita previa e sen necesidade de formar un grupo. As visitas son guiadas e son realizadas pola propietaria do xardín, con explicacións botánicas. Tamén ofrecen a posibilidade dunha visita científica, de maior coste e duración, a través do inxeñeiro agrónomo Xesús Fernández.
O xardín ten a distinción Sicted de Compromiso de Calidade Turística renovada anualmente.
Decladrado Xardín de Excelencia Internacional pola Sociedade da Camelia
Servizos
- Baños públicos: Sí
- Se permiten animales: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Inglés, Castellano, Galego
Actividades
- Actividad: para familias
Descontos
- a grupos:
- a grupos:
Exposicións
- Exposición: de pintura
Visitas guiadas
- Idioma: Castellano, Galego, Inglés
Características
Superficie 20.000 metros cadrados (2 hectáreas) Prezos Visitas guiadas con explicacións botánicas:- De 1 a 15 persoas: 10 euros por persoa
- Grupos de 16 a 30 persoas: 8 euros por persoa
- Grupos de máis de 31 persoas: 5 euros por persoa
Visitas guiadas científicas polo enxeñeiro agrónomo Xesús Fernández, 25 euros persoa.
Descontos a grupos, consultar.
Visita guiada + copa de viño no palomar, 5 euros máis
- Horarios: Visitas guiadas con PREVIA CITA
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Rural
- Tipología: Camelias
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí