Bodegas Coto Redondo
Esta adega naceu dunha idea antiga que roldaba a varios veciños da zona que tiñan en mente facer unha adega para poder vender e promocionar os xa coñecidos e de gran calidade viños de Rubiós e darlles saída ó mercado. Fundouse no ano 2003 e actualmente posúe 105 socios. A adega está dividida en varias zonas, destacando o gran espazo destinado ó almacenamento do viño en depósitos de aceiro inoxidable e outra zona non menos importante na que os viños seleccionados permanecen por un período de tempo determinado, en barricas de carballo francés. Venden tanto viños tintos como brancos, pertencentes ó D. O. Rías Baixas, dentro da subzona do Condado do Tea e contan tamén cunha gama de augardentes e licores elaborados a partir do seu propio bagazo. Non abren en días festivos a menos que xa teñan unha visita prefijada e están pendentes de obter o certificado SICTED
Prezos
- Tipo de Entrada: De balde
Características
- Visitas: Sí
- Tipo de comida: Só viños
- Reservas: Sí
- Capacidade: 700.000 kg de uva
- Estrellas Michelín: 0 estrelas
- Descrición do ámbito: Rural
Servizos
Descrición de equipamentos e outros servizos Se desexa visitar as instalacións para comprar ou degustar os nosos produtos ou realizar un percorrido pola adega hai que porse en contacto ben por teléfono ou por correo electrónico. Dispoñen tamén de tenda a través da súa páxina web, para adquirir os seus produtos. Contan tamén cunha empresa de servizos agrícolas, cun persoal capacitado para realizar traballos en viñas ou calquera tipo de cultivo, preparación e limpeza de leiras ou montes. Está permitida a entrada de animais no recinto, pero non dentro da adega- Pago con Tarjeta: Sí
- Acceso a WiFi: Sí
- Se permiten animales: Sí
- Cursos de Cata: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Inglés, Portugués, Galego
Aparcadoiro
- Parking: nº plazas coches
- nº: 16
- Parking: nº plazas PMR
- nº
Visitas guiadas
- Idioma: Inglés, Portugués, Galego
Accesos
Descrición dos accesos A adega está situada na conca do río Miño, a 200 m de altitude e na ladeira do monte San Nomedio, na parroquia de Rubiós, pertencente ó concello das Neves e pódese acceder a pé ou mediante vehículo propio Descrición da sinalización A mellor opción para chegar á adega é tomar a autovía A-52 en sentido Ourense e saír na saída 287 (a que está antes do túnel da Cañiza). Coller a man dereita para atopar a 30 metros unha rotonda onde xa hai carteis que indican Señorío de Rubiós (a adega está a 5 km da rotonda). Vindo desde Arbo pola estrada provincial en dirección a Ponteareas, hai que pasar o centro das Neves e, ó chegar á rotonda do instituto, xa se atopa o cartel de Señorío de Rubiós que indica directamente á adega- Accesos a pie: Sí
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí