Fiestas del Monte
En 1913 descubriuse o gran xacemento arquitectónico de Santa Trega, e un ano máis tarde iniciáronse as escavacións arqueolóxicas que, cos anos convertéronse no recurso turístico e cultural máis visitado das Rías Baixas, e segundo de Galicia. Cando se cumprían 100 anos de tal achado decidiron celebralo, en principio cun carácter moi familiar, pero moi pronto adquiriu gran relevancia na zona polo que se foi complementando con outras actividades culturais. Foi recoñecida no ano 2009 como festa de interese turístico galego. Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen por centos de visitantes e as noites están reservadas ao entretemento con citas musicais e as verbenas. Un dos principais eventos é o Desfile folclórico do sábado ao que asisten miles de persoas para contemplar os traxes rexionais e os grupos de gaitas e folclóricos invitados que enchen de música as rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile. Estas bandas mariñeiras, familias e os visitantes ascenden ao Monte Santa Trega a mañá do domingo para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. As bandas distribúense pola cima do monte nunha ambiente moi animado cos seus tambores e caixas como protagonistas. O seu son pódese escoitar en todo o municipio sen descanso durante toda a romaría.
Servizos
- Baños públicos: Sí
- Descuentos a grupos: Sí
- Descuentos a niños: Sí
- Punto de información: Sí
- Actividades para familias: Sí
- Actividades para niños: Sí
- Actividades de animación: Sí
Actividades
- Actividad: para familias
Características
Curiosidades A tirada de lumes para acabar as festas Orixe e historia A Sociedade Pro-monte formárona en 1912 por veciños de agarda para mellorar e embelecer o monte. Na primeira reunión de formación uno dos compoñentes desta sociedade (Señor Candeira), foi quen propuxo para conmemorar esta formación celebrar unha romaría anual que xero as festas do monte, sendo o primeiro ano desta romaría ó ano seguinte, en 1913 Organismo responsable Comisión de festas do monte O Cancelón- Descripción del entorno: Rural
- Prezos: Gratuíto
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 12/08/2019
- Data ata: 18/08/2019
Espectáculos
- Espectáculos musicais: Sí
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí