Pon a provincia de Pontevedra na túa cesta
Compra produtos de calidade das Rías Baixas e degústaos na casa a calquera hora do día
A terra, o mar, as rías e os ríos da provincia de Pontevedra abastecen cada día tendas e mercados da mellor materia prima. As produtoras e produtores esfórzanse por cultivala, criala e extraela cun modelo sustentable. As e os comerciantes póñena á túa disposición para que degustes alimentos de calidade. Enche a túa cesta coa horta, o campo, a vide e as augas das Rías Baixas. Daranche a enerxía que necesitas e compensarás o esforzo de miles de persoas que realizan un traballo esencial para ti.
Vídeos: terra, mar e río
Lamprea de Arbo
Albariño de O Salnés
Pan de Lalín
Marisco de O Grove