Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Celebra Fin de Ano nas Rías Baixas o 30 de decembro - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Celebra Fin de Ano nas Rías Baixas o 30 de decembro

Cambados, O Porriño e Mos celebran a súa Noitevella o sábado 30 sumándose á xa consolidada festa de Vilagarcía de Arousa. Ademais, Vigo prepara a súa macrofesta en praza de América

29/12/2017
Turismo deportivo

Noitevella en Cambados

Fai apenas tres meses Cambados, na ría de Arousa, celebraba ao grande ser Cidade Europea do Viño 2017. O evento incluía un festival de música e sumábase á xa popular Festa do Albariño, celebrada do 2 ao 6 de agosto, alcanzando nada menos que a súa edición número 65 como unha das festas enogastronómicas máis lonxevas do panorama español. Non só aumentou en asistencia, senón que bateu récords de cataviños con máis de 35.000 copas servidas ao finalizar a festa.

Para coroar a devandita distinción, organizouse un novo evento para despedir este gran ano e o seu produto estrela, o albariño, cuxa colleita actual foi nas Rías Baixas a segunda mellor da historia, rozando os 40 millóns de quilos de uva colleitada, e onde o prezado viño foi eloxiado ata por sommeliers que escriben para The New York Times.

O día, no canto do 31, adiantouse ao sábado 30, e a hora ás doce do mediodía na torre de San Sadurniño. Os organizadores animan a toda a cidadanía a asistir ao evento onde se repartirán as uvas e como non podía ser doutra forma brindarase con viño local. Neste caso optarase polos espumosos con Denominación de Orixe Rías Baixas, menos coñecidos pero que comezan a buscar o seu sitio nas celebracións e a promocionarse como o fixera Salvaterra do Miño a comezos de decembro.

O evento contará coa presenza do humorista Gogue, natural da comarca do Salnés, e o seu personaxe estrela Floreano, mentres que outro dos personaxes, Monchiña, será a encargada de dar as badaladas. Desde o Concello esperan que sexa un éxito e animan a veciñas e veciños a asistir.

Festas pre Fin de Ano do Porriño e Mos

Cambados non será o único municipio que se adiante ás badaladas de medianoite. Ademais da popular Festa das Uvas de Vilagarcía de Arousa programada para o mediodía do día 31 e que leva realizando 19 anos, O Porriño tamén se animou a esta moda de adiantar a Noitevella.

Do mesmo xeito que en Cambados, a convocatoria realizouse para o sábado 30 pero neste caso ás 23 horas da noite. Trátase dunha festa pre Fin de Ano que se celebrará na praza Arquitecto Antonio Palacios e na Carpa do Roxy. Para acceder ao evento hai que presentar o código QR que se pode localizar na súa páxina de Facebook .

Tamén Mos quixo celebrar unha festa pre Fin de Ano o día 30. O lugar elixido foi o pazo de Mos  e animan a acudir a partir das 22 horas da noite. Contará con badaladas, cotillón e uvas, das que xa se prepararon 1.500 racións para a ocasión. A pesar de ser a súa primeira edición, desde o Concello tamén desexan que sexa un éxito entre as e os veciños e queren darlle continuidade nos próximos anos.

Macrofesta na Noitevella de Vigo

Praza de América é un lugar de encontro para celebrar en compañía o Fin de Ano na cidade de Vigo. Entre as e os asistentes repartiranse racións de uvas para a conta atrás que ofrece o reloxo do centro escolar Santa Irene. O novo ano será recibido con fogos artificiais e música programada ata as cinco da mañá.

Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124