Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Comezan as rutas regulares ás illas Cíes - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Comezan as rutas regulares ás illas Cíes

Desde o 1 de xuño tres navieiras realizarán viaxes regulares ás illas desde tres portos diferentes. Mostramos algunhas recomendacións para gozar da visita

01/06/2018

Un dos maiores atractivos das Rías Baixas e tamén de toda Galicia son as illas Cíes. Pertencen ao arquipélago das Illas Atlánticas, que en 2002 foron declaradas Parque Nacional. Hoxe centos de persoas achéganse ata a costa galega só para poder gozar dun ou varios días nelas.

Aínda que durante o outono e a primavera hai certas viaxes en datas sinaladas como pontes vacacionais e Semana Santa, é agora, o 1 de xuño, e ata o 30 de setembro cando comezan as viaxes regulares de maneira diaria. O primeiro que as e os futuros visitantes deben saber é que desde 2018 requírese dunha autorización para poder acceder ás illas Cíes. Este permiso, gratuíto, pódese obter cunha marxe de 45 días de antelación, en liña, en apenas cinco minutos, enchendo os nosos datos; é recomendable a súa impresión.

O seguinte dato a ter en conta é que ter a autorización non asegura nin reserva ningún billete de embarcación, polo que unha vez obtido o permiso o máis recomendable é realizar a compra do billete desde o porto no que vaiamos embarcar. As navieiras autorizadas para iso son Mar de Ons, Cruceiros Rías Baixas e Piratas de Navia.

Os portos principais desde onde se poderá embarcar diariamente son os de Vigo e Cangas. De maneira menos habitual existen saídas desde Baiona. De non haber cambios, o custo da viaxe, ida e volta, é de 16 €, gratuíto para menores de 12 anos. A partir do 15 de xullo e ata o 31 de agosto será de 18,5 € e o importe de menores de 3 a 12 anos será de 6 €. Os horarios habituais dependen do porto e da navieira e incrementarán a súa frecuencia nos meses de xullo e agosto.

As persoas que desexen pernoitar pódeno facer no propio cámping do parque. Recoméndase ter unha reserva previa. As e os que desexen acampar teñen a posibilidade de alugar unha tenda de campaña no propio recinto. O mesmo cámping ten a súa propia cafetería.

As Illas Atlánticas conforman unha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) incluída no catálogo da Rede Natura 2000

Unha vez en Cíes, a actividade máis popular é lanzarse a coñecer a illa por algún dos seus sendeiros. Existen catro rutas de diferente dificultade e hai que ter en conta que unha xornada non dá para percorrer a illa enteira. Estes sendeiros son os de “Monte Faro”, “Faro da Porta”, “Alto do Príncipe” e “Monteagudo”. Os seus miradoiros ofrecen as vistas máis envexables da ría e desde moitos dos seus recunchos poderemos ademais gozar do turismo ornitolóxico. Non en balde, as Illas Atlánticas conforman unha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) incluída no catálogo da Rede Natura 2000. Por iso é bastante importante coidar e respectar toda a súa contorna natural.

Outra importante recomendación tanto para camiñantes como para o resto de visitantes é utilizar un calzado apropiado e crema solar incluso se fai vento ou un día nubrado. E para quen prefira gozar da praia, Rodas é a principal de toda a illa. É un areal de auga cristalina declarado polo diario The Guardian como a praia máis bonita do mundo. Ademais, entre outras calas, existe un espazo para nudistas.

Volvendo aos permisos, outras actividades como o mergullo ou o fondeo nesta contorna requiren dunha autorización previa.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124